Como apoiar á poboación na Ucraína?

Ofrecemos algunhas recomendacións para apoiar ás ONGD que traballan no país dende hai tempo

Fonte: IPPDH

Antes de que se desatase o conflito actual en Ucraína, a situación xa era moi preocupante; case tres millóns de persoas necesitaban apoio humanitario. Algunhas das nosas ONG  xa traballaban no país e agora están redobrando os seus esforzos para atender ás necesidades máis urxentes da poboación.

 

Ante as mostras de solidariedade que estamos recibindo, recordamos algunhas pautas para colaborar en urxencias humanitarias. Ofrecemos tamén o listado das organizacións en Ucraína, co fin de facilitar o acceso a información de primeira man e vías de colaboración.

Recomendacións para colaborar nunha situación de urxencia humanitaria:

  • A boa vontade non é suficiente. Si queres apoiar, asegúrate de que optas pola opción máis axeitada.
  • Ten en conta que, nunha situación de crise humanitaria, os problemas manteranse por moito tempo. A túa axuda non é urxente; será válida durante moito tempo, por iso non te precipites na túa decisión.
  • Seguro que na túa cidade existe algunha asociación da Ucraína, contacta con ela e coñece as súas necesidades.
  • Antes de nada, por favor, infórmate sobre as posibilidades de apoio que se che ofrecen. No caso de querer colaborar cunha ONG de Desenvolvemento, consulta o traballo que realiza, a que poboación se dirixe, que canles de colaboración ofrece, etc. De novo, non te precipites na túa decisión, contrasta e elixe unha vez teñas distintas opcións.

Consulta aquí

Que trámites deben seguir as persoas refuxiadas que chegaron ao Estado español?

Podo acoller a un neno ou nena de Ucraína?

Podo viaxar a Ucraína ou aos países limítrofes como persoal voluntario?

Claves para a correcta doazón de medicamentos

 

Por que se prefiren as doazóns económicas? Porque son moito máis efectivas e coherentes cos nosos valores:

  • Os bens doados en especie en Galicia poden non ser axeitados ás necesidades da poboación e á situación humanitaria e loxística no terreo, que pode variar rapidamente en situacións de crises e debe ser avaliadas constantemente polos equipos de resposta humanitaria no terreo.
  • Os bens doados individualmente poden supoñer custos e dificultades administrativas loxísticas adicionais (necesidade de embalaxe, trámites nas alfándegas suplementarios, data caducidade en alimentos e medicamentos, etc. ) para as ONG e administracións públicas que os xestionan, resultando máis práctico e efectivo o uso de kits de resposta humanitarios estandarizados, no caso de que os produtos necesitados non estean dispoñibles localmente ou en países veciños.
  • Nunha situación de conflito, todas as persoas e as comunidades posúen capacidades de resposta malia a súa vulnerabilidade. De feito, a poboación local é a que sempre ofrece unha resposta inmediata que é a que garante que moitas vidas sexan salvadas. Por iso, as ONG e a administración intentarán fortalecer eses medios e capacidades empregando a persoal local, comprando materiais sobre o terreo que activen a economía e emprego locais e negociando con empresas nacionais.
  • O persoal dunha ONG que traballa nun conflito armado segue un proceso de selección rigoroso, baseado na experiencia e formación. Non só se require coñecemento técnico senón, entre outros, tamén do ámbito da cooperación e do contexto específico no que se produce a urxencia.
  • En momentos de conflitos e crises humanitarias a adopción de nenos e nenas non é unha opción. É moi difícil determinar en que situación familiar se atopan , polo que os esforzos céntranse en atendelos no propio terreo e en reagrupalos/as coa súa familia.

 

A situación que se vive en Ucraína xera unha lexítima preocupación na cidadanía; pero non podemos esquecer a moitas outras poboacións que en distintos lugares do mundo sofren situacións similares. É necesario esixir o compromiso político con todas elas; facelo é crucial para salvar vidas, garantir os seus dereitos e promover a resolución dos conflitos.

E, por favor, asegúrate de que as fontes de información que utilizas son serias e honestas. Non compartas bulos ou informacións que alimenten os discursos de odio ou novas falsas.

ONGD que traballan en Ucraína e países limítrofes

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: