Un número récord de persoas necesitará axuda humanitaria os próximos anos

En 2020, casi 168 millóns de persoas necesitarán asistencia humanitaria en todo o mundo. Nacións Unidas denuncia que é a peor cifra en décadas

Millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria para sobrevivir. As cifras aumentaron exponencialmente os últimos anos como consecuencia de conflitos enquistados, o cambio climático, a pobreza extrema e a persecución e ameazas que sofren as persoas que defenden os dereitos humanos. A crise provocada pola COVID-19 está a empeorar a situación de maneira preocupante: millóns de persoas perderon as súas fontes de ingresos, xa precarias; as poboacións máis vulnerables enfrontan esta situación sen condicións de salubridade mínimas ou acceso a servizos sanitarios.

Toby Madden _ Acción contra el Hambre

Mentres isto sucede, os ataques ao persoal humanitaria continúan aumentando. En 2019, segundo datos do Aid Worker Security Database, 483 persoas foron vítimas de violencia e 125 delas foron asasinadas. Asistimos a unha crecente redución do espazo humanitario; a violencia, a inseguridade, as ameazas e as obstrucións intencionadas están a restrinxir notablemente a capacidade de asistencia ás poboacións.

A responsabilidade demóstrase con decisións políticas

A resposta a esta situación global ha de ser global. Esiximos que a comunidade internacional garanta o cumprimento do Dereito Internacional Humanitario; Europa debe contribuír a iso, especialmente ao que se refire á atención humanitaria a quen busca refuxio fuxindo de conflitos e situacións de pobreza.

O Estado español e os gobernos das Comunidades Autónomas deben asumir a responsabilidade que lle corresponde. Os orzamentos xerais de 2021 son unha oportunidade para fortalecer unha axuda humanitaria que, no Estado español, é seis veces menor que en 2008 e se atopa á cola do Comite de Axuda ao Desenvolvmento (CAD). É urxente fortalecer a Oficina de Axuda Humanitaria e os fondos destinados ás ONG –non podemos esquecer que, en moitos casos, as ONG chegan a lugares aos que ningún outro actor consegue chegar-.

Fortalecer a asistencia humanitaria nun momento actual contribuirá a mellorar a xa precaria vida de millóns de persoas en todo o mundo. Demostrará, ademais, o papel que os gobernos queren xogar no mundo. Mentres, as ONGD seguiremos traballando man a man con compañeiros e compañeiras orixinarias dos países nos que estamos presentes co fin de ofrecer asistencia humanitaria alá onde sexa necesaria.