María Cuc Choc o corazón en alto

Autoría Lara Dopazo Ruibal Resumo María Magdalena Cuc Choc (Guatemala) apoia ás mulleres supervivientes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas extractivistas e de monocultivo. Temática DDHH , Xénero Ler documento

Estela Ángeles Mondragón e o camiño a Baqueachi

Autoría Lara Dopazo Ruibal Resumo Estela Ángeles Mondragón (México) é defensora dos dereitos territoriais. Desde hai máis de dúas décadas acompaña ao pobo rarámuri, unha comunidade indíxena do norte de México, na recuperación de 44.000 hectáreas de terra e o recoñecemento dos seus dereitos. Temática DDHH , Xénero Ler documento
portada miriam suazo e a digna rabia

Miriam Suazo e a digna rabia

Autoría Lara Dopazo Ruibal Resumo Miriam Suazo (Honduras) conta cunha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos. Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras. Temática DDHH , Xénero Ler documento

Guía para o autodiagnóstico de xénero nas ONGD

Autoría Federació Catalana d'ONGD Resumo La Fede.cat, formada per 117 organizacións de Desenvolvemento, de Dereitos Humanos e defensa da Paz, ven de poñer en marcha a web 'Perspectiva feminista y ética del cuidado - Guía de autodiagnóstico para organizaciones sociales'. Como o seu nome indica, trátase dunha guía que invita ás organizacións a revisarse internamente en clave feminista y de cuidados.

Temática ONGD , Xénero Ler documento

Decálogo para a transversalización do xénero nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento

Autoría Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD Resumo A publicación que este ano 2011 presenta a Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) quere ser un resumo das principais ensinanzas derivadas da integración da perspectiva de xénero na cooperación ao desenvolvemento. Non pretende ser nin exhaustiva nin detallada en exceso, senón unha ferramenta útil e efectiva para as ONGD galegas que queiran avanzar, un pasiño máis, cara á igualdade. Temática ONGD , Xénero Ler documento

Xénero e Desenvolvemento

Autoría Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Resumo A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) constitúese o 21 de xuño de 2007, tras a celebración da Asemblea Xeral do 26 de maio do 2007 na que se formulou a necesidade de crear Comisións de Traballo internas da Coordinadora co fin de paliar o déficit de participación real das ONGD integradas e para dar un pulo ao funcionamento da propia Coordinadora. Temática Educación para a Cidadanía Global , ONGD , Xénero Ler documento