#SandíasPolaPaz

Fonte: IPPDH

29 Novembro 2023 |

 

A situación que está a vivir o pobo palestino non ten precedentes e tennos horrorizadas. Os bombardeos indiscriminados sobre a poboación, os ataques a hospitais, as evacuacións forzosas e os cortes de subministros de combustible, enerxía e alimentos supoñen probablemente crimes de guerra e unha violación do dereito internacional e humanitario, segundo advertiron Nacións Unidas ou Amnistía Internacional.

A gravidade dos feitos esixe unha resposta firme dos nosos responsables políticos, da Unión Europea e da comunidade internacional que non se está producindo.

A todos eles lembrámoslles que o que fagan, ou deixen de facer, ten importantes consecuencias para as vidas de millóns de persoas palestinas e israelís, así como para a percepción da UE como un actor imparcial comprometido cos dereitos humanos en todo o mundo.

Demandamos un alto o fogo permanente e sen condicións.

España e a UE deben apoiar incondicionalmente e, por tanto, impulsar a investigación en curso sobre a situación de Palestina levada a cabo polo Fiscal da Corte Penal Internacional e promover, no seo da ONU, un embargo de armas integral a todas as partes en conflito. España, pola súa banda, debe suspender a subministración, a exportación e autorización de todas as armas, municións e outros equipos militares e de seguridade a Israel.

 

Na Coordinadora queremos pór un foco permanente nesta gravísima situación e, ademais da denuncia e o apoio activo ás iniciativas que piden o alto o fogo inmediato, facémolo a través dun dos seus símbolos de resistencia: as sandías. Sabes que ten que ver esta froita con Palestina?

Sandías pola Paz

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: