Mozambique
Activista social e defensora dos dereitos humanos

Ana Carina Figueiredo
Desde hai máis dunha década Josefa é activista social e defensora dos dereitos humanos en Mozambique. Naceu en Maxixe, na provincia de Inhambane, unha cidade costeira 500 quilómetros ao norte de Maputo.
Na capital do país criou tres fillos e traballou un tempo nunha empresa de seguros. Foi en 2009 cando coñeceu a Associação Comunitária de Desenvolvimento da Mulher (ACODEMU) da cal hoxe é a presidenta.
Ese ano acababa de aprobarse a lei contra a violencia de xénero e participou nalgunhas actividades de divulgación organizadas pola asociación. Máis tarde entrou a formar parte dela, formouse en atención e prevención da violencia de xénero e hoxe desenvolve o seu activismo en espazos consultivos impulsados polo goberno do país onde traballa para colocar na axenda pública os dereitos das mulleres.
“O traballo que levo acabo é importante porque as mulleres precisamos ocupar o noso lugar na sociedade, eclipsado polas prácticas machistas do patriarcado”.
Josefa é presidenta da Associação Comunitária de Desenvolvimento da Mulher (ACODEMU) unha organización que colabora coa ONGD Médicos do Mundo.

Actividade para a prevención e loita contra a violencia de xénero en Infulene (Mozambique) / Imaxe cedida por ACODEMU