Colocar os feminismos no centro das organizacións

Propostas e ferramentas para poñer os coidados e a vida no núcleo dos espazos de participación e cambio social

Os últimos anos culminaron procesos de reflexión de distintas organizacións, colectivos e redes de participación para colocar os feminismos no núcleo destes espazos: para poñer a vida no centro. Están sendo procesos que buscan detectar e facer visibles as desigualdades estruturais de xénero no interno das organizacións e aplicar a ética dos coidados e as prácticas feministas para fomentar cambios organizacionais.

A continuación ofrecemos información dos últimos informes e procesos reflexivos que levaron a cabo algunhas organización, redes e ONGD neste sentido:

Será habitable, o no será. Apuntes para nuestras organizaciones pequeñas (2020)

Documento de REAS Euskadi froito dun proceso de elaboración colectiva para identificar dinámicas de xénero que puidesen estar a funcionar, consciente ou inconscientemente, nas organizacións de Economía Solidaria e que son a orixe das desigualdades. Tamén, para actuar sobre elas definindo medidas adaptadas á realidade das entidades máis pequenas.


Viajando por lo invisible. Cambio organizacional para la transformación feminista (2019)

Unha proposta impulsada desde Mugarik Gabe xurdida da necesidade de traballar colectivamente na construción de prácticas alternativas no noso cotián que fortalezan procesos de cambio organizativo desde unha perspectiva feminista. Unha idea que xorde da premisa de que é imposible unha transformación social se as organizacións non incorporamos no noso día a día unha clara aposta pola igualdade que se concrete en cambios individuais e colectivos.

Proceso e contidos relacionados con organizacións do sector social en toda a súa diversidade (ONGD, cooperativas, asociacións, movementos sociais…)


SOSTE[VIDA]BILIDAD. Guía de trucos y remedios para un emprendimiento que ponga la vida en el centro (2018)

Guía que promove unha cultura do emprendemento que poña as persoas no centro. Ofrécense ferramentas, trucos e remedios para transitar cara a unha cultura do emprendemento inclusiva e sostible; propostas para comprender e abordar as necesidades que o emprendemento leva parello, evitando a precariedade e a auto explotación; e exercicios para entrenar o feito de facer o autoemprego unha opción compatible coa vida.

Crearon unha páxina web específica para a súa difusión.


Perspectiva feminista i ètica de les cures. Guía d’autodiagnosi per a organitzacions socials (2018)

A Fede.cat, formada per 117 organizacións de Desenvolvemento, de Dereitos Humanos e defensa da Paz de Catalunya, ven de poñer en marcha esta guía (en catalán e castelán) que invita ás organizacións a revisarse internamente en clave feminista e de coidados. Equipos directivos, equipos técnicos e persoas voluntarias das entidades poden usala para diagnosticar a organización da que forman parte a través de seis exies temáticos diferentes, individualmente o en colectivo, e facilitar a reflexión conxunta.


Transformación feminista en las ONGD (2018)

Desde a Red de ONGD de Madrid, logo dun proceso de reflexión interno acompañado por Lorena Pajares, elaboraron a publicación coa idea de ofrecer un recurso accesible para reflexionar sobre a imprescindible transformación feminista no sector das ONGD.


Política de género da Coordinadora de ONGD – España (2019)

A política de xénero é unha ferramenta de traballo para orientar a incorporación do enfoque de xénero en todos os procedementos vinculados a estrutura e filosofía da Coordinadora e para axudar ás organizacións socias a iniciar ou consolidar ese proceso.


O traballo das ONGD galegas no mundo (2018), un informe elaborado pola Coordinadora Galega de ONGD recóllense datos que visibilizan como as mulleres son imprescindibles para o funcionamento das organizacións: representan a meirande parte das persoas socias (60 %), voluntarias (68 %) e traballadoras (72 %). Aínda así, a gran feminización do sector -un feito que pode relacionarse cos roles reprodutivos e de coidados asumidos tradicionalmente polas mulleres- non se ve reflectida nos postos de dirección: só a metade das presidencias e postos de máxima representación están ocupados por mulleres, unha proporción maior que noutros sectores pero que está por debaixo do peso real que elas teñen nas ONGD.