Elizabeth Vélez Vargas

República Dominicana

Defensora dos dereitos humanos

“En 1986 nacín caribeña, negra e inquieta”. Elizabeth criouse nunha familia católica de Santiago de los Caballeros, en República Dominicana, na que a nai, as tías e as avoas organizábanse para axudar e soster a quen o precisaba. Aos poucos foron abríndolle o camiño do activismo e a defensoría desde a espiritualidade e a política. 

O seu primeiro acompañamento foi con nenas en situación de violencia, trata e tráfico, algo que marcou un antes e un despois na súa biografía. Hoxe Elizabeth é educadora comunitaria especialista en xénero e saúde sexual e reprodutiva, traballa con mocidade na prevención de embarazos non desexados e participa en redes rexionais e internacionais de mulleres defensoras de dereitos humanos como a Red Latinoamericana y del Caribe de Católicas por el Derecho a Decidir

“A moral católica conservadora espera e esixe ás mulleres que vivamos en eterno sufrimento. Nós cremos que non debería ser así e non asumimos máis esa imposición”.

Ela conta que medrar xunto a Católicas por el Derecho a Decidir permitiulle conciliar a fe que lle aprenderon as súas avoas cos principios políticos que defende. “Militar no feminismo abrazando a miña fe libérame do conflito que unha vez me afastou da miña espiritualidade coa certeza de que defender a autonomía reprodutiva das mulleres non é contrario ao que creo.”

Católicas por el Derecho a Decidir – República Dominicana colabora coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.