É urxente que se garantan os dereitos humanos en Perú

Mentres comeza un paro nacional en todo o país, as organizacións sociais esixen respecto polos dereitos humanos e o esclarecemento dos feitos. Sumámonos ás súas voces e esiximos o fin da represión, o restablecemento das garantías democráticas e o inicio inmediato de investigacións que depuren responsabilidades.

Fonte: IPPDH

24 Xaneiro 2023 |

Ante os graves sucesos que están a ocorrer en Perú no último mes, ante a represión desproporcionada da protesta social e o uso excesivo da forza, sumámonos á Coordinadora de Entidades Estranxeiras de Cooperación Internacional en Perú e instamos ás autoridades a adoptar de maneira urxente as medidas para previr máis violencia e asegurar o respecto dos dereitos humanos no marco de manifestacións pacíficas. Chamamos ás instancias competentes a sancionar as mortes e as respostas violentas á mobilización cidadá.

O Goberno decretou o estado de emerxencia en varias rexións do país. Tal decisión suspende dereitos constitucionais como a liberdade de tránsito e reunión ou a inviolabilidade do domicilio durante un mes. O inicio do paro nacional -a partir de hoxe, 19 de xaneiro- fai temer que o uso excesivo e desproporcionado da forza pública empeore. É urxente, por tanto, que se free a escalada de represión, se inicien procesos que permitan unha saída pacífica e que se promova un amplo diálogo no que participen todos os sectores da sociedade peruana. É crucial que sexan atendidas as demandas democráticas da cidadanía.

Chamamos á comunidade internacional a manter a vixilancia e a presenza co fin de que se respecten os dereitos humanos e a apoiar todos os esforzos posibles cara a unha saída democrática. Pola nosa banda, como organizacións de desenvolvemento que traballamos xunto a centos de organizacións sociais peruanas, apoiamos á sociedade civil e ás comunidades que exercen o seu dereito á protesta pacífica. Seguiremos camiñando da man de quen defende os dereitos humanos e a democracia.

6 das nosas organizacións (Entreculturas, Fundación balms para la infancia, Fundación Ayuda en Acción Galicia, Fundación Taller de Solidaridade, Cume e Mans Unidas) traballan en Perú, da man de organizacións locais que defenden os dereitos humanos desde distintas áreas.

Datos do informe das ONGD 2022

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: