Incumprimento dos dereitos humanos en Arguineguín

Reclamamos ao goberno español un cambio nas políticas migratorias para que deixen de ser moneda de chantaxe e subsidiarias doutros intereses. Deben poñerse no centro os dereitos das persoas e a súa dignidade.

CEAR

Nos últimos meses incrementouse o fluxo migratorio pola “ruta atlántica” e miles de persoas, que queren chegar á Europa continental, vense atrapadas na costa canaria pola política migratoria europea. Canarias recibiu un total de 16.760 inmigrantes por vía marítima entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2020.

O roteiro atlántico cara ás illas Canarias é unha das máis perigosas do mundo: unha travesía máis longa con áreas sen cobertura telefónica que impiden avisar aos servizos de rescate en caso de problemas. Hai que preguntar aos gobernos español e marroquí por que se volve a utilizar o durísimo roteiro canario.

A Organización Internacional para as Migracións (OIM) manifestou a súa fonda preocupación polo aumento das mortes rexistradas no roteiro de África Occidental rumbo ás Illas Canarias. O proxecto da OIM Migrantes Desaparecidos rexistrou máis de 500 mortes só neste roteiro no que vai de ano, a maior parte nos dous últimos meses. E esta cifra non inclúe os naufraxios e mortes na travesía non rexistrados.

Nas últimas semanas, coincidindo con este incremento, a ministra de Exteriores, González Laya, e o ministro de Interior, Grande- Marlaska, visitaron Marrocos e Senegal reforzando a política de externalización das fronteiras europeas e as devolucións forzosas de migrantes.

Mentres tanto, na Unión Europea avanzan os movementos para condicionar a axuda ao desenvolvemento ao control das migracións.

A Coordinadora de Organizacións para o Desenvolvemento da cal formamos parte reclama ao goberno español un cambio nas políticas migratorias para que deixen de ser moeda de chantaxe e subsidiarias doutros intereses.

Pedimos unha nova política migratoria, que poña no centro ás persoas, e que garanta un trato digno e conforme aos dereitos humanos e ao dereito internacional ás persoas que están a chegar a Canarias. Unha política que escoite ás persoas migrantes e teña en conta as súas necesidades e proxectos vitais.

  • Asegurar a suficiente dotación de recursos económicos, humanos, xurídicos e asistenciais. A Plataforma do Terceiro Sector Canaria ofreceu a axuda das organizacións da sociedade civil canaria para superar o colapso asistencial, escóitenos.
  • Protexer de maneira especial a menores de idade que chegan ás illas, acompañados polos seus familiares adultos ou non. Garantir que non se separe ás nais dos seus fillos e fillas, práctica que denunciou a propia Directora Xeral de Protección á Infancia do Gobierno de Canarias e que ocorre tamén noutros puntos da fronteira Sur española.
  • Cumprir a legalidade internacional en materia de refuxio e migracións. O Estado español ten a oportunidade de demostrar que é un estado de dereito e unha democracia moderna, para o que deben cesar as devolucións en quente e os voos de repatriación forzosa.
  • Establecer vías seguras e suficientes acceso. Xa sexa o Estado español o destino final ou a porta de entrada a outros países da Unión Europea.
  • Dotar a Salvamento Marítimo dos efectivos e recursos necesarios para salvar vidas na Fronteira Sur española.
  • Habilitar mecanismos de información ás familias das migrantes falecidas na Fronteira Sur. E sempre garantir a comunicación entre as persas que chegan e as súas familias.
  • Reforzar a cooperación ao desenvolvemento e as políticas económicas, fiscais, comerciais e ambientais xustas que contribúan a reducir a pobreza e a desigualdade. E en todo caso, desvincular a cooperación ao desenvolvemento do control das fronteiras.
  • Liderar un cambio de políticas migratorias na Unión Europea para que dea un xiro á vergonzante deriva contra os dereitos humanos.

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: