Ciclo de charlas con defensoras de dereitos de Colombia, Nicaragua e Galicia

Fonte: IPPDH

12 Novembro 2019 |

Cartel do ciclo de charlas en Vilagarcía de Arousa, Redondela, Bueu e Cuntis

No marco do proxecto ‘Defensoras de Dereitos’ a Coordinadora Galega de ONGD, xunto á Deputación de Pontevedra,  organiza un ciclo de charlas xunto a defensoras de dereitos de Colombia, Nicaragua e Galicia. Os encontros serán do 19 ao 22 de novembro en Vilagarcía de Arousa, Redondela, Bueu e Cuntis

A persecución contra organizacións e persoas defensoras de dereitos humanos aumentou de forma exponencial en todo o mundo. En 2018, 321 personas defensoras de 27 países foron asasinadas polo traballo de incidencia e denuncia que levaban a cabo en organizacións e movementos sociais. É o número máis alto rexistrado nunca, segundo os datos recompilados pola organización Front Line Defenders. A expansión das actividades extractivas e os agro negocios a gran escala multiplicaron os conflitos territoriais e dispararon de forma alarmante os índices de violencia contra as persoas que defenden a agua, a terra e os bosques así coma os dereitos das mulleres e das comunidades indíxenas, afrodescendentes e campesiñas. Máis de tres cuartas partes (77 %) das persoas defensoras asasinadas eran activistas ambientais. Por outra banda, as desigualdades que afectan á poboación de moitos países empobrecidos sumada ao autoritarismo dos seus gobernantes traduciuse os últimos anos en protestas masivas da sociedade civil que foron respondidas con represión e violencia.

As mulleres defensoras de dereitos humanos, ademais de ser obxecto das mesmas ameazas que os homes, sofren violencia de xénero (violencia sexual, desprestixio, exclusión de cargos públicos…) por parte de actores estatais e non estatais, así como dentro dos propios movementos de dereitos humanos.

Para dar a coñecer as causas e consecuencias globais que están a provocar esta situación e visibilizar exemplos de loita e resistencia, contaremos coa participación de Alicia Valencia Cuetia (Colombia) e Georgina de los Ángeles Molina Rivera (Nicaragua) que, debido ao seu traballo como defensoras víronse obrigadas a marchar dos seus países.

Alicia Valencia Cuetia é defensora dos dereitos humanos en Colombia e orixinaria de Nasa, no municipio de Corinto, ao norte do Cauca colombiano. Desde moi nova é membro da Asociación de Cabildos Indígenas del Norte del Cauca (ACIN) e da Guardia Indígena. Foi autoridade indíxena do territorio de Corinto e Coordinadora do programa Mujer. Actualmente atópase participando no Programa Catalán de Proteción para defensoras e defensores de Dereitos Humanos.

Georgina de los Angeles Molina Rivera é activista feminista defensora de dereitos humanos en Nicaragua. Tamén é psicóloga especialista en tratamento e acompañamento de agresións e abusos sexuais con doce anos de experiencia de traballo con distintos colectivos do país. Fuxíu de Nicaragua como consecuencia da violencia e a represión do goberno de Daniel Ortega contra a sociedade civil organizada. Actualmente é solicitante de asilo político no Estado español.

Programa previsto:

Vilagarcía de Arousa – 19 de novembro

 

 

Redondela – 20 de novembro

 

Bueu – 21 de novembro

 

Nesta charla participará Georgina de los Ángeles Molina Rivera  xunto a Lola Ferreiro Díaz, activista feminista galega, doutora en Medicina e experta en saúde mental e xénero e en Violencias Machistas.

 

Cuntis – 22 de novembro

 

Nesta charla participarán Georgina de los Ángeles Molina Rivera  xunto a Tamara Iyas Morales Orozco, xornalista nicaraguana residente en Galicia con máis de 15 años de experiencia e defensora de dereitos. 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: