Vídeo da conversa online con tres defensoras de Mesoamérica

Fonte: IPPDH

04 Decembro 2020 |

O 9 de decembro e no marco da iniciativa ‘Defensoras de dereitos’, tivo lugar unha conversa online con tres defensoras de dereitos humanos de Mesoamérica baixo o título, ‘Defensoras de dereitos: soster a vida, sementar o cambio’ que podedes ver neste vídeo:

Na  conversa participaron:

  • Miriam Suazo (Honduras) conta cuha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos. Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.
  • María Magdalena Cuc Choc (Guatemala). Defensora do territorio e dos dereitos das mulleres indíxenas maya q’eqchi’. Apoia ás mulleres supervivientes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas extractivistas e de monocultivo.
  • Estela Ángeles Mondragón (México). Defensora dos dereitos territoriais do pobo rarámuri, comunidade indíxena do norte do país, durante más de dúas décadas.

O espazo foi dinamizado pola xornalista e escritora, Lara Dopazo Ruibal.

As tres defensoras que participaron na conversa son parte das 15 protagonistas de #Defensoras Semillas de Cambio, unha campaña da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos que adaptamos a exposición fotográfica e que hoxe está exposta nos comercios de Pontevedra, Gondomar e A Estrada.

encontro defensoras de dereitos

Historias en forma de libro

Miriam Suazo, María Magdalena Cuc Choc e Estela Ángeles Mondragón serán as protagonistas de tres libros, escritos por Lara Dopazo, que narrarán as súas historias de vida e acción política. Serán relatos da loita individual e colectiva polos dereitos humanos, dirixidos a un públicos xuvenil, que o vindeiro 16 de decembro se presentarán en Pontevedra.

Con estas publicacións quere darse a coñecer o risco que supón o traballo como defensoras de dereitos humanos e sensibilizar sobre as causas e consecuencias das situacións de desigualdade e pobreza que afectan ás súas vidas e aos países e comunidades onde viven.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: