Cinco propostas para o futuro da cooperación galega

Imaxe relacionada co documento de cinco propostas para os partidos que participan nas eleccións galegas

O vindeiro 18 de febreiro Galicia celebra unha nova cita electoral e, dende a Coordinadora Galega de ONGD, queremos aproveitar esta campaña para falar de cooperación ao desenvolvemento.

 

Cooperación e eleccións galegas

Queremos situar no discurso dos nosos partidos políticos un compromiso firma co consenso actual arredor da política pública de cooperación a nivel autonómico. Pero tamén queremos ir máis alá.

Para iso, facémoslles ás principais candidaturas cinco propostas para o futuro da cooperación galega e para a construción dun mundo máis xusto e sostible.

Cinco propostas para que, dende Galicia, sigamos sostendo procesos que garantan a xustiza e os dereitos humanos nun contexto no que nunca o local foi tan global. E no que nunca foi tan necesario cooperar.

 

Cinco puntos a trasladar aos partidos políticos que particvipan nas eleccións galegas

Ademais, se tes interese, aquí tes as doce propostas que compartimos cos nosos partidos políticos nas anteriores eleccións galegas, celebradas no 2020.