Publicacións online
Neste apartado atoparedes algunhas publicacións, propias e alleas, sobre cuestións vinculadas coa Cooperación ao Desenvolvemento, a Educación para a Cidadanía Global, a Acción Humanitaria e o Comercio Xusto. Podedes utilizar as etiquetas temáticas para filtrar os vosos intereses.

Informe de investigación: Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento (2022-23)
Autoría Asemblea de Cooperación pola Paz
Resumo A Asemblea de Cooperación Pola Paz realizou no curso 2022-23 a sistematización do traballo arredor dos dilemas morais como ferramenta para a mellora da convivencia escolar. Aquí podes consultar o informe no que se documenta esta experiencia e se explica a ferramenta empregada: o test de tolerancia, baseado na teoría de desenvolvemento moral, que tamén recolle o documento.
Temática
Informes
Ler documento

Informe 2022 da Coordinadora Galega de ONGD. O traballo das ONGD galegas no mundo
Autoría Coordinadora Galega de ONGD
Resumo A Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento actualiza en 2022 o seu Informe sobre o traballo das ONGD galegas no mundo e salienta a importancia da sororidade entre mulleres, indicando que o 63% das persoas beneficiadas pola cooperación galega son mulleres e que as ONGD galegas contan, asimesmo, cunha alta presenza de mulleres na súa estrutura. Así, o informe conclúe que o traballo das ONGD galegas nace do impulso da sororidade entre mulleres diversas para construír un mundo máis xusto para todas.
Temática
Informes
Ler documento

El movimiento social del Comercio Justo
Autoría Solidariedade Internacional Galicia
Resumo O estudo describir as características e condicións actuais do Movemento do Comercio Xusto desde Galicia (desde unha perspectiva cuantitativa e tamén cualitativa, penetrando nos debates que se están a dar dentro do movemento) e propoñe formas de fortalecer as capacidades do movemento en Galicia.
Temática
Comercio Xusto
, Informes
Ler documento

ODS e Axenda 2030, materia pendente para a comunidade universitaria galega?
Autoría Laura Álvarez e Mónica Viqueira
Resumo Informe que busca medir o coñecemento no espazo universitario da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Esta acción está enmarcada no proxecto Campaña Mundial pola Educación en Galicia 2020-2021.
Temática
Axenda 2030
, Cooperación Galega
, Educación para a Cidadanía Global
, Informes
Ler documento

O poder solidario do local
Autoría Xosé Luis Pastoriza
Resumo Este estudo actualiza o coñecemento sobre a cooperación municipalista para o desenvolvemento en Galicia. É tamén un espazo de construción colectiva para que os gobernos locais galegos poidan afrontar os retos e desafíos globais con políticas públicas a favor da xustiza social.
Temática
Axenda 2030
, Cooperación Galega
, Informes
Ler documento

María Cuc Choc o corazón en alto
Autoría Lara Dopazo Ruibal
Resumo María Magdalena Cuc Choc (Guatemala) apoia ás mulleres supervivientes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas extractivistas e de monocultivo.
Temática
DDHH
, Xénero
Ler documento

Estela Ángeles Mondragón e o camiño a Baqueachi
Autoría Lara Dopazo Ruibal
Resumo Estela Ángeles Mondragón (México) é defensora dos dereitos territoriais. Desde hai máis de dúas décadas acompaña ao pobo rarámuri, unha comunidade indíxena do norte de México, na recuperación de 44.000 hectáreas de terra e o recoñecemento dos seus dereitos.
Temática
DDHH
, Xénero
Ler documento

Miriam Suazo e a digna rabia
Autoría Lara Dopazo Ruibal
Resumo Miriam Suazo (Honduras) conta cunha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos. Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras.
Temática
DDHH
, Xénero
Ler documento

Plan anual 2021 da Cooperación Galega para o Desenvolvemento
Autoría Xunta de Galicia
Resumo Este documento recolle os compromisos, os instrumentos de actuación e os recursos orzamentarios que o goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2021.
Temática
Axenda 2030
, Cooperación Galega
, Educación para a Cidadanía Global
Ler documento

Informe intermedio de seguimento do IV Plan Director da Cooperación Galega
Autoría Xosé Luis Pastoriza
Resumo Esta análise intermedia do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021) achega conclusións, recomendacións e os principais resultados da execución deste marco estratéxico no bienio 2018-2019.
Temática
Axenda 2030
, Cooperación Galega
, Informes
Ler documento

Informe sobre o sector das ONGD españolas 2019
Autoría Coordinadora de ONGD - España
Resumo O Informe do Sector 2019 presenta os datos de 78 ONGD e de 17 Coordinadoras Autonómicas nun exercicio colectivo de rendición de contas. Ofrécense datos sobre o que fan as ONGD, onde traballan, a procedencia dos seus recursos económicos, o seu destino e a base social.
Temática
Informes
, ONGD
Ler documento

Informe 2019 da Cooperación Galega
Autoría Xunta de Galicia
Resumo O Informe anual de Cooperación Galega 2019 dase conta á cidadanía galega das actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para dar cumprimento ao compromisos coa cooperación para o desenvolvemento recollidos no IV Plan Director de Cooperación ao Desenvolvemento 2018-2021.
Temática
Cooperación Galega
, Informes
Ler documento

Estratexia de Acción Humanitaria da Cooperación Española 2019-2026
Autoría Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID)
Resumo Documento que orientará o traballo en materia de acción humanitaria do conxunto de actores da cooperación ao desenvolvemento no Estado español ata 2026.
Temática
Acción Humanitaria
, Cooperación Española
Ler documento

El papel de FRONTEX en la militarización y securitización de los flujos migratorios en la Unión Europea
Autoría Centre Delàs d'Estudis per la Pau
Resumo O informe analiza o papel que ten Frontex contribuíndo a levantar muros ao redor da UE, construíndo o que se denomina a “Europa Fortaleza”, mediante operacións marítimas, áreas e terrestres que criminalizan ás persoas que teñen que fuxir das súas casas pola forza por mor da guerra ou das desigualdades económicas.
Temática
Acción Humanitaria
, DDHH
, Informes
, Lexislación
Ler documento

La Realidad de la Ayuda 2019
Autoría Oxfam Intermon
Resumo Neste número 25 do informe sobre a política pública de cooperación ao desenvolvemento no Estado español, Oxfam Intermon achega datos e contexto que amosan a necesidade de esixir unha maior aposta por parte dos gobernos central e autonómico.
Temática
Acción Humanitaria
, Axenda 2030
, Cooperación Española
, Cooperación Galega
, Informes
Ler documento

La acción humanitaria en 2018-2019: sin cambios en tiempos de incertidumbre
Autoría Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH) e Médicos Sen Fronteiras
Resumo Informe que deixa en evidencia que os compromisos para paliar o impacto das crisis humanitarias actuais segue sendo claramente insuficiente.
Temática
Acción Humanitaria
, Axenda 2030
, Cooperación Española
, DDHH
, Informes
Ler documento

Guía práctica de intervención online para ciberactivistas
Autoría Institut de Drets Humans de Catalunya, SOS Racisme e United Explanations
Resumo Primeira guía de intervención online para ciberactivistas en galego no marco do proxecto CiberRespect. É un manual proporciona ferramentas para combater os discrusos de odio e a desinformación na rede.
Temática
DDHH
, Lexislación
, Manual
Ler documento

Una agenda transformadora para las personas y el planeta
Autoría Coordinadora de ONGD - España, Ecodes, Educo, Oxfam Intermon, UNICEF Comité Español, WWF, Cáritas Española
Resumo Extenso informe sobre o traballo pendente no Estado español respecto ao cumprimento da Axenda 2030. Datos, balances, desafíos e recomendacións.
Temática
Axenda 2030
, Cooperación Española
, Informes
Ler documento
Informe 2018 da Coordinadora Galega de ONGD. O traballo das ONGD galegas no mundo
Autoría Coordinadora Galega de ONGD
Resumo A principios de 2019, a Coordinadora Galega de ONGD publica 'Informe 2018 da Coordinadora Galega de ONGD. O traballo das ONGD galegas no mundo' que achega por primeira vez información sobre o traballo das organizacións galegas nos países empobrecidos, a súa base social e os fondos recibidos.
Temática
Informes
, ONGD
Ler documento

Guía para o autodiagnóstico de xénero nas ONGD
Autoría Federació Catalana d'ONGD
Resumo La Fede.cat, formada per 117 organizacións de Desenvolvemento, de Dereitos Humanos e defensa da Paz, ven de poñer en marcha a web 'Perspectiva feminista y ética del cuidado - Guía de autodiagnóstico para organizaciones sociales'. Como o seu nome indica, trátase dunha guía que invita ás organizacións a revisarse internamente en clave feminista y de cuidados.
Temática ONGD , Xénero Ler documento
Temática ONGD , Xénero Ler documento

Banca armada en España 2019
Autoría Centre Delàs d'Estudis per la Pau
Resumo Este novo informe do Centre Delàs revela o financiamento por parte de entidades financeiras a 31 empresas dedicadas en parte, ou totalmente, á produción de armas, entre as cales se atopan algúns dos fabricantes de armamento máis importantes do mundo.
Temática
DDHH
, Informes
Ler documento

Informe do resultado do proceso de elaboración da Estratexia de educación para o desenvolvemento da cooperación galega
Autoría Xunta de Galicia
Resumo Documento elaborado por Tempo de Loaira S. Coop. Galega a solicitude da Xunta de Galicia para dar resposta ao compromiso do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 para a mellora da planificación e xestión das actuacións e a definición dun marco estratéxico de acción en educación e comunicación para o desenvolvemento.
Temática
Cooperación Galega
, Educación para a Cidadanía Global
, Informes
, ONGD
Ler documento
Comercio Xusto e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Autoría Coordinadora Estatal de Comercio Justo
Resumo Número 7 da serie de informes divulgativos 'Cuadernos de Comercio Justo', que analiza a contribución do Comercio Xusto, a través dos seus 10 principios, aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Temática
Axenda 2030
, Comercio Xusto
, ONGD
Ler documento
A implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible na Xunta de Galicia
Autoría Universidade Complutense de Madrid
Resumo Este estudo, realizado por un equipo de investigación da Universidade Complutense de Madrid (UCM) dirixido polo profesor José Antonio Alonso, trata de explorar o enfoque e os procedementos a través dos cales se pode adoptar e adaptar a Axenda2030 ODS ao ámbito das competencias propias da Xunta de Galicia, así como identificar as implicacións que se derivarían dese proceso en termos de mecanismos institucionais para o seguimento da Axenda.
Temática
Axenda 2030
, Cooperación Galega
Ler documento

Informe 2017/2018. Situación dos Dereitos Humanos no mundo
Autoría Amnistía Internacional
Resumo Neste informe de Amnistía Internacional recóllense as violacións de Dereitos Humanos en 159 países e territorios durante 2017 analizadas por persoas expertas e investigadoras de Amnistía Internacional. Inclúe o Estado español.
Temática
DDHH
, Informes
Ler documento

IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021
Autoría Xunta de Galicia
Resumo O IV Plan Director da Cooperación Galega é o documento que marca as liñas de traballo da política pública de cooperación da Xunta de Galicia para os vindeiros catro anos. Foi aprobado no Parlamento en xuño de 2018.
Temática
Cooperación Galega
, Lexislación
Ler documento

Avaliación do III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017
Autoría Xunta de Galicia
Resumo Informe elaborado por José Luis Pastoriza Rozas a pedimento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no que se avalía a implementación do III Plan Director e se incorporan recomendacións de mellora.
Temática
Cooperación Galega
, Lexislación
Ler documento

Plan Director de la Cooperación Española 2018-2021
Autoría Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación
Resumo Este é o quinto Plan Director da Cooperación Española que marcará a política pública de cooperación do goberno español ata 2021.
Temática
Cooperación Española
Ler documento

Cooperando. XX anos de traballo solidario en Galicia
Autoría Coordinadora Galega de ONGD
Resumo Cooperar é unha esixencia ética que nos obriga á salvagarda dos dereitos de todas as mulleres e homes do mundo.
Temática
Cooperación Galega
, ONGD
Ler documento

Decálogo para a transversalización do xénero nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento
Autoría Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD
Resumo A publicación que este ano 2011 presenta a Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) quere ser un resumo das principais ensinanzas derivadas da integración da perspectiva de xénero na cooperación ao desenvolvemento. Non pretende ser nin exhaustiva nin detallada en exceso, senón unha ferramenta útil e efectiva para as ONGD galegas que queiran avanzar, un pasiño máis, cara á igualdade.
Temática
ONGD
, Xénero
Ler documento

Pacto Galego contra a Pobreza
Autoría A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Resumo O Pacto Galego contra a Pobreza xorde en 2009 como iniciativa da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.\r\n\r\nO texto do Pacto recolle compromisos políticos concretos en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento e de loita contra as desigualdades e a inxustiza social. Ditos acordos foron consensuados coas partes asinantes para situar a cooperación ao desenvolvemento fóra dos intereses partidistas e das estratexias dos períodos de goberno concretos.
Temática
Cooperación Galega
, Lexislación
, ONGD
Ler documento

Xénero e Desenvolvemento
Autoría Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Resumo A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) constitúese o 21 de xuño de 2007, tras a celebración da Asemblea Xeral do 26 de maio do 2007 na que se formulou a necesidade de crear Comisións de Traballo internas da Coordinadora co fin de paliar o déficit de participación real das ONGD integradas e para dar un pulo ao funcionamento da propia Coordinadora.
Temática
Educación para a Cidadanía Global
, ONGD
, Xénero
Ler documento

Diagnóstico das accións de Educación para o Desenvolvemento 2010 – 2012
Autoría Alicia López Fariña e Estíbaliz Táboas Pazos
Resumo O presente documento responde a un proceso iniciado a mediados de novembro de 2012, cando a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE (DXRREE e UE) propúxose abrir un proceso de diálogo e intercambio para o seguimento das diferentes intervencións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento (ED) e dos convenios de Fortalecemento e ED aprobados no ano 2012.
Temática
Cooperación Galega
, Educación para a Cidadanía Global
, ONGD
Ler documento

Informe de Avaliación das accións de Educación para o Desenvolvemento
Autoría Xunta de Galicia
Resumo Documento elaborado por Alicia López Fariña, Aida Pérez Salgado, Estíbaliz Táboas Pazos e Laura Doval Lodeiro a solicitude da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Temática
Cooperación Galega
, Educación para a Cidadanía Global
, ONGD
Ler documento

Estrategia de Educación para el Desarrollo de la Cooperación Española
Autoría Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación
Resumo Este documento de estratexia sectorial foi elaborado en 2007 é exercicio de reflexión e participación arredor da Educación para o Desenvolvemento.
Temática
Cooperación Española
, Educación para a Cidadanía Global
, Lexislación
Ler documento