Elas deciden: mulleres de El Salvador e Galicia tecendo redes

Lugar Museo do Pobo Galego Organiza Asemblea de Cooperación pola Paz Data inicio: 27/06/2024Data fin: 27/07/2024

Asemblea de Cooperación pola Paz inaugura o xoves 27 de xuño (19:00) no Museo do Pobo Galego “Elas deciden: mulleres de El Salvador e Galicia tecendo redes”.

Unha exposición que vincula, a través de fotografías e testemuños, a mulleres traballadoras da pesca artesanal de El Salvador e de Galicia. Poderá visitarse durante un mes neste espazo.