Dereito ao hábitat, urbanismo ecofeminista e barrios de coidados

Lugar Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (16:00-20:00) Organiza Arquitectura sen Fronteiras Data: 12/11/2024

O martes 12 de novembro, e dentro do seu proxecto “Agra, un barrio de coidados”, a ONGD Arquitectura sen Fronteiras desenvolve a xornada “Dereito ao hábitat, urbanismo ecofeminista e barrios de coidados”.

Será na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (16:00-20:00) con inscrición gratuíta neste enlace 

Na xornada falarase de metodoloxías, ferramentas e experiencias para un urbanismo feminista (Dafne Saldaña, co-fundadora de Equal Saare) e de barrios de coidados dende unha mirada interseccional (Cristina Botana, doctora en arquitectura e urbanismo).