En todos os países do mundo, millóns de mulleres e nenas seguen afrontando distintas formas de violencia que atravesas as súas vidas, os seus corpos e as súas comunidades. Violencias que se producen nos fogares, nas rúas, nos conflitos armados, nos desprazamentos forzosos, nos espazos dixitais e tamén en contextos de deterioro democrático e debilitamento das institucións.
A violencia de xénero non é inevitable. Non é unha cuestión privada nin unha consecuencia irremediable das crises. É unha vulneración de dereitos humanos, sostida por desigualdades estruturais e relacións de poder que xeran distintas formas de discriminación e opresión.
Fronte a elas fan falta leis integrais, compromisos sociais e políticos firmes e financiamento público suficiente e sostido. Porque estas violencias poden e deben ser previstas, combatidas e erradicadas.
Mirada feminista e interseccional
Non todas as mulleres e nenas experimentan estas violencias do mesmo xeito. O racismo, o capacitismo, a desigualdade de clase, a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, a idade, a orixe ou a situación administrativa pode intensificalas e dificultar o acceso á protección e á xustiza. Unha mirada feminista e interseccional permite comprender como se cruzan estas desigualdades e como condicionan experiencias de violencia.
As violencias tamén se expresan nas desigualdades económicas, a precarización do traballo, a distribución inxusta dos coidados e os impactos diferenciados dos conflictos e da crise climática. Son manifestacións dun sistema que reproduce discriminacións e limita a autonomía, os dereitos e as oportunidades de millóns de mulleres e nenas.
A violencia de xénero non é o normal. Combatela, previla y garantir vidas libres de violencia si debería selo.
A importancia dunha cooperación feminista
Neste escenario, unha cooperación internacional feminista é imprescindible. Porque a igualdade de xénero e os dereitos de mulleres e nenas non pode ser compromisos secundarios senón política de Estado. Son cuestións fundamentais que esixen políticas públicas coherentes, financiamento suficiente e unha aposta decidida por quen lideran as transformacións dende os seus territorios.
Ante as elecciones do 29 de novembro, as organizacións que como a Coordinadora Galega de ONGD formamos parte de La Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo, reclamamos que España manteña e reforce unha política exterior feminista e unha política de cooperación internacional que sitúe os dereitos das mulleres e as nenas no centro. Unha cooperación que recoñeza o papel político das organizaciones feministas, apoie o seu traballo e fortaleza as súas capacidades e alianzas, respectando as súas axendas, os seus coñecementos e as súas prioridades.
Cooperar é defender los derechos das mulleres e as nenas, apoiar ás organizacións feministas e ás defensoras de dereitos humanos, garantir recursos para previr e atender as violencias e fortalecer as políticas públicas de igualdade. É transformar as estruturas que reproducen desigualdade, cuestionar as relacións de poder e garantir que as mulleres, en toda a súa diversidade, sexan protagonistas das decisións e transformacións que afectan ás súas vidas.
Neste 25N reafirmamos o noso compromiso cunha cooperación feminista que fortaleza alianzas estratéxicas e afectivas con organizacións de mulleres e feministas de todo o mundo. Unha cooperación que acompañe as súas loitas e procesos e contribúa, canda elas, a construír futuros máis xustos, igualitarios e libres de violencias.
Cooperar é transformar as estruturas que reproducen desigualdade, cuestionar as relacións de poder e garantir que as mulleres, en toda a súa diversidade, sexan protagonistas das decisións e transformacións que afectan ás súas vidas.
Vivir libres de violencias debería ser un dereito garantizado, non unha excepción nin un privilexio. Cooperar, defender dereitos e construír xuntas unha vida con xustiza e dignidade #ÉONomal #EsLoNormal.

