Neste 25 de novembro, sumámonos a millóns de voces que en todo o mundo se erguen contra as violencias que sofren as mulleres e nenas. Unímonos en solidariedade coas que resisten e tecen a paz en contextos moi adversos. Dámoslle unha fonda aperta ás que sempre frearon as múltiples violencias machistas que afogan as súas vidas. Recoñecemos e aplaudimos a loita incesante dos movementos feministas e de todas as mulleres que día a día loitan polos seus dereitos. Unímonos a elas e reivindicamos un planeta no que todas poidamos vivir en plenitude e libres de calquera opresión.
Cando as bombas destrúen, sostemos a vida
Nun contexto mundial co maior número de conflitos dende a II Guerra Mundial, o papel das mulleres é esencial: cando as bombas destrúen, sostemos a vida; somos axentes de paz, tecemos redes de coidados y de apoio mutuo, construímos alternativas que desafían os sistemas opresivos, apostamos pola igualdade e promovemos el respecto mutuo.
A nosa loita non é só unha cuestión de xénero, senón tamén unha proposta de profunda transformación social dende unha visión de xustiza, diálogo, paz e dereitos humanos. É unha loita transversal e horizontal que debe ser inclusiva e cuestionar todas as formas de discriminación e opresión que enfrentamos as mulleres en todo o mundo.
Por iso, sumámonos ao movemiento global que desafía un sistema capitalista profundamente machista, patriarcal e colonialista baseado en políticas que perpetúan a violación dos dereitos humanos, as violencias, a escalada armamentística e a consecuente dor de millóns de persoas.