Miradas al Mundo

Guinea Bissau

Mellora do acceso a medios de vida nas localidades de Varela, Ossir e Djufunco con especial atencións ás mulleres.

Fotografía dun proxecto de desenvolvemento de Asemblea de Cooperación pola Paz. Mercado de produtos da horta

Este proxecto complementa o traballo que Miradas al Mundo vén desenvolvemento dende hai unha década en Varela, Ossor e Djufunco e moi especialmente cos grupos de mulleres destas tres localidades de Bissau.

Do que se trata con esta proposta concreta é  de construír -nas localidades de Ossor e Djufunco-dous pozos e mellorar o sistema de bombeo mediante a instalación dunha electro-bomba solar e un depósito elevado. Deste xeito garántese o abastecemento de auga ás dúas comunidades.

En Varela garántese este suministro na horta do colectivo de mulleres mediante a instalación dunha fonte e a canalización cara un pozo próximo á horta que xa existe dunha intervención antiga.

Miradas al Mundo leva varios anos traballando de xeito conxunto cos grupos de mulleres, cultivando moringa e algunhas hortalizas para mellorar e diversificar a dieta familiar.

Ademais, coa venta dalgún excedente nos mercados locais elas conseguen pequenos rendementos económicos que axudan a mellorar as súas condicións de vida e a súa autonomía.

Sesión formativa sobre agroecoloexía con perspectiva de xénero da organización ACPP en El Salvador. Compostela máis Solidaria

 

O PROXECTO NUNS POUCOS DATOS

  • O proxecto súmase a proxectos e procesos activos dende hai anos
  • Traballa en colaboración estreita cos grupos de mulleres
  • Son as mulleres das tres comunidades quen se responsabilizan da xestión racional da auga e da organización do auto-abastecemento agrícola.
  • Dous pozos, unha electro-bomba, un depósito elevado e unha fonte coa sua canalización garantirán o acceso á auga e unha mellora das condicións de vida.

MIradas al Mundo traballa neste proxecto -e noutros moitos dende hai tempo- de par de Walendiren, unha  asociación de base rural creada en 2009 e inscrita como ONGD no ano 2013 en Guinea Bissau. A súa misión é construír unha sociedade que procure un desenvolvemento sostible nas zonas rurais do país.

Para acadar este obxectivo promove proxectos de desenvolvemento social, co foco posto especialmente nas comunidades máis desfavorecidas. Apoian de forma sistemática todas as escolas da zona con material educativo e reparacións das infraestruturas educativas e o seu equipamento. Tamén realizan alfabetización de mulleres e clases de apoio diario ao alumnado de varias aldeas. Están en contacto directo e permanente coas comunidades e  procuran un modelo de desenvolvemento que sexa auto-sustentable, no que sexan as propias aldeas co seu traballo e implicación o motor do cambio.