Queres coñecer a cooperación que se impulsa dende Compostela?

En abril de 2025 o programa Compostela máis Solidaria acolleu Compostela co Sur Global, unha iniciativa dirixida a descubrir como a cooperación conecta á veciñanza de Santiago con comunidades de países como Guatemala, Bolivia, El Salvador, Cuba, Guinea Ecuatorial, Bissau ou Mozambique.

Compostela co Sur Global permitiu coñecer -da man das persoas que os fan posible- os proxectos que as organizacións galegas e as súas contrapartes locais impulsan con esas comunidades, que son sempre parte fundamental e activa dos procesos. 

Os proxectos que protagonizaron este encontro cidadán son os que obtiveron a subvención a cooperación do Concello de Santiago na súa ultima convocatoria. Aquí podes coñecelos!

Arquitectura sen Fronteiras (Guatemala)
Sodepaz (Cuba)
Miradas al Mundo (Guinea Bissau)
Agareso (El Salvador)
Movemento pola Paz (Guatemala)
Proyde (Guinea Ecuatorial)
Fotografía dun proxecto de desenvolvemento de Asemblea de Cooperación pola Paz. Mercado de produtos da horta
Asemblea de Cooperación pola Paz (El Salvador)
Azada Verde (Mozambique)
Mans Unidas (Bolivia)
Solidariedade Internacional de Galicia (Guatemala)
Taller de Solidariedade (Bolivia)