A Coordinadora únese a campaña #ElOdioNoEsInocente

A Coordinadora Galega de ONGD sumouse xunto a 12 organizacións máis á campaña #ElOdioNoEsInocente co obxectivo de frear os discursos de odio presentes na esfera pública e no ámbito privado.

A iniciativa ten varios obxectivos: facer un chamamento ás autoridades para que actúen eficazmente fronte aos discursos de odio; chamar á responsabilidade de grupos políticos, medios de comunicación e cidadanía para que non alimenten este tipo de mensaxes; concienciar sobre o impacto negativo que estes discursos teñen sobre a vida das persoas; e chamar ao fomento de modelos de sociedade inclusivos e tolerantes.

De acordo co informe do Ministerio do Interior>> sobre a evolución dos incidentes relacionados cos delitos de odio en España 2017, o auxe destes discursos é cada vez máis importante. A campaña defende que os discursos de odio non son inocentes, senón que atacan a certos grupos de persoas e culpabilizalos de determinados problemas sociais para distraer a atención das súas verdadeiras causas e das súas verdadeiras solucións.

No marco da campaña #ElOdioNoEsInocente creáronse materiais que promoven a reflexión sobre as consecuencias de emitir xuízos de valor sobre determinados grupos de persoas sen contrastar a información nin reflexionado sobre ela. O obxectivo: recordar a importancia de antepoñer a dignidade das persoas por encima de calquera prejuicio.

“Nun contexto de desinformación, o odio e os bulos son unha potente ferramenta de manipulación da opinión. É unha estratexia organizada para sinalar chivos expiatorios, desviar a atención dos problemas reais e deshumanizar ás persoas. Distracción, troleo, xeración de campañas aparentemente espontáneas, todo vale para manipular a nosa opinión!.”

As organizacións que tamén se sumaron á campaña son AIETI, Alianza pola Solidariedade, Andalucía Acolle, Amnistía Internacional, Asociación Rumiñahui, CEAR, Coordinadora estatal de ONGD, Ecos do Sur, Entreculturas, Federación SOS Racismo, FELGTB, Rede de Mulleres Latinoamericanas.