III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

 

A Coordinadora Galega de ONGD convoca, co apoio do Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, a terceira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

O obxectivo deste Premio é recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Podes consultar aquí os galardoados da segunda edición!

Esta edición ten importantes novidades!

Nesta terceira edición dos Premios Galegos de Educación hai dúas novidades destacables.

  • A primeira delas ten que ver cos premios desta terceira convocatoria. Xa que, por primeira vez, o Premio Galego de Educación inclúe entre os seus galardóns unha viaxe de 10 días a Guatemala para dous docentes de cada unha das iniciativas gañadoras en cada categoría.

Durante esta estancia as persoas gañadoras poderán coñecer de preto un proxecto de cooperación internacional e o traballo que realiza en terreo a cooperación galega.

  • A segunda novidade é que o profesorado que o desexe terá a posibilidade de participar nunha sesión informativa virtual o 14 de marzo (19:00-20:00).

O obxectivo deste encontro é explicar polo miúdo o proceso de presentación de candidaturas e resolver dúbidas. O enlace está dispoñible nas bases.

Todo isto está detallado polo miúdo nas bases da terceira edición do Premio.

Nelas tamén atoparás a posibilidade de consultar un vídeo-titorial sobre o proceso de presentación de proxectos, que tamén che deixamos accesible dende aquí.

Ademais, para calquera consulta, podes contactar connosco no correo premiogalegoed@galiciasolidaria.org

Agardamos a túa proposta! 😉