Unímonos ás ONG colombianas na condena da violencia e na defensa do dereito á protesta

A nosa solidariedade está con quen defende os Dereitos Humanos no contexto da lexítima protesta, en Colombia e no resto do mundo.

Fonte: IPPDH

06 Maio 2021 |

Universal Rights

Desde a Coordinadora Galega de ONGD unímonos ao comunicado emitido pola Confederación Colombiana de ONG (CCONG) en solidariedade coa expresión cidadá pacífica que, no marco do Paro Nacional, participou multitudinariamente nas mobilizacións e manifestou o seu dereito fundamental á protesta.

As voces e propostas das organizacións da sociedade civil son un chamado urxente a que as medidas económicas, políticas e sociais contribúan á recuperación das graves secuelas que deixa a pandemia polo COVID-19.

Así mesmo, a CCONG expresa o seu rexeitamento rotundo a todas as formas de violencia policial que deixaron un triste saldo de persoas asasinadas, feridas, detidas arbitrariamente e desaparecidas tras unha forte resposta armada que confunde e que aterroriza á poboación.

A CCONG esixe ao goberno colombiano:

  1. A garantía do dereito á vida e do dereito á protesta: rexeitamos o uso desmedido da forza pública que afecta á mocidade e, de maneira particular, ás mulleres. Os protocolos internacionais de non uso de armas de fogo contra a poboación civil durante as protestas son de obrigatorio cumprimento.
  2. A garantía do dereito á saúde: axilidade e eficiencia do plan de vacinación para que todas as persoas, nas zonas rurais e urbanas, poidan acceder ás doses completas de vacinas, para afrontar a enfermidade por COVID-19 e garantir a vida e a saúde.
  3. O fortalecemento do modelo constitucional de descentralización: todo o respaldo ás gobernacións e alcaldías que recoñecen o dereito á vida e á protesta; que promoven o diálogo como o único camiño para atopar alternativas fronte á pobreza e a desigualdade; que contan cons plans de desenvolvemento baseados na garantía dos dereitos; que fomentan a participación cidadá e democrática; e cuxas decisións se viron afectadas pola intervención das decisións administrativas, financeiras e políticas do nivel central, que busca novamente concentrar as funcións.
  4. A revisión dos plans de desenvolvemento locais: para orientar as políticas ás realidades das poboacións despois dun ano de pandemia. É urxente ocuparse das poboacións empobrecidas, que están desempregadas, que se viron afectadas durante anos e cuxa crise se agudizou coa pandemia. Esiximos atención especial a mulleres, infancia, mocidade e persoas maiores.
  5. O chamado a adiantar diálogos descentralizados liderados polas autoridades locais: escoitar á cidadanía, ás organizacións sociais e acompañar a construción participativa das súas propostas ata tramitalas a nivel central.

Ante o acontecido, a CCONG fai un chamamento de solidariedade internacional para facer seguimento da situación que afrontan miles de mozos e mozas, especialmente mulleres, víctimas da brutal represión das forzas armadas.

A nosa solidariedade está con quen defende os dereitos humanos no contexto da lexítima protesta. As organizacións da sociedade civil permanecemos atentas ao diálogo social e político que contribúa á participación política construtiva.


Mobilizacións en Galicia

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: