Participa na V edición de Compostela + Solidaria

Do 14 de setembro ao 8 de outubro propoñemos actividades para todos os públicos adaptadas ás medidas sanitarias

Fonte: IPPDH

#CompostelaMáisSolidaria

 

A Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago poñemos en marcha a V edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización e divulgación que se levará a cabo do 14 de setembro ao 8 de outubro en distintos espazos: cinema NUMAX, praza Roxa e os comercios da cidade! En todos os casos, cumprirase coas medidas sanitarias e ofreceranse espazos seguros.

Neste enlace>>> podedes consultar o programa completo.


Cinefórum social no Cinema NUMAX

Unha edición máis, o Cinema NUMAX colabora no programa do Compostela + Solidaria. Xunto á ONGD AGARESO, organizan un ciclo de cine social con pezas de directores e directoras de distintos países nas que se tratan temáticas como a interculturalidade, a migración e a convivencia entre distintas culturas. Ao rematar cada unha das sesións, haberá un coloquio con persoas que participaron nas distintas películas.

As películas son Manoliño Nguema (estrea) (14 de setembro); Makun (no llores). Dibujos en un CIE (21 de setembro); Quería ser (estrea) (28 de setemebro); e o ciclo de curtas Un sitio en el avión,Tras la valla e Misbah.

As sesións serán abertas e de balde. Os convites para poder acceder recolleranse na taquilla do Cinema NUMAX, a partir do venres anterior a cada unha das 4 sesións (un máximo de dúas por persoa).


Feira de alternativas contra a emerxencia climática

Con esta mostra a ONGD Amigos da Terra e a cooperativa de enerxía verde Nosa Enerxía, amosarán solucións sinxelas e prácticas para contribuír a frear a emerxencia climática con tres espazos situados na praza Roxa: Sermos sostibles, Mobilidade e Laboratorio de enerxía 100% renovable. Será o 18 de setembro de 18 a 20.30 horas e para todos os públicos.


Feira “Comercio con-sentido”

Con esta Feira a ONGD Solidariedade Internacional Galicia dará a coñecer o comercio xusto. Con distintas propostas, informará sobre a orixe, produción e características do cacao, o café e o azucre e sobre os problemas que afrontan as persoas que os producen ata que chegan ás nosas mans (barreiras arancelarias, patentes, explotación laboral, danos ambientais, etc.). Tamén haberá unha degustación de cacao, café, e azucre! Será o 8 de outubro de 17 a 20 horas na praza Roxa.


Exposición fotográfica ‘Tecedoras do cambio’

Vinte historias narradas ao longo de vinte días en vinte comercios da cidade. ‘Tecedoras do cambio’ é unha exposición fotográfica que narra e retrata as historias de vida de mulleres valentes e loitadoras. Todas, referentes imprescindibles que lideran procesos de desenvolvemento das súas comunidades xunto a organizacións dos seus países e man a man con ONGD galegas.

A exposición atoparase do 15 de setembro ao 5 de outubro nos escaparates de distintos comercios da cidade que se sumaron a colaborar na proposta. As imaxes son retratos de labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas, mariscadoras… Mulleres que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar, man a man, con ONGD galegas en procesos de desenvolvemento e de mellora das condicións materiais e emocionais das súas comunidades.

Toda a información, aquí>>>


Campaña contra os prexuízos raciais e culturais

 

Busca e comparte a nosa campaña #Protéxetedoracismo. Ti podes ser a vacina contra o racismo!

Podes atopar neste enlace>>> toda a información da campaña na que participa a ONGD AGARESO

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: