Curso de transversalización dos ODS na acción educativa transformadora dende un enfoque de xénero e coidados

Organiza Intered Data inicio 24/10/2024 - Data fin 14/11/2024 Límite inscrición 21/10/2024 Modalidade En liña Prezo É unha formación gratuíta Ver programa

Este curso, impulsado dende a Área de Voluntariado da ONGD Intered está especialmente pensado para persoas vinculadas ao eido educativo (profesorado, alumnado de Ciencias da Educación, educadoras,…) pero é tamén válido para persoal voluntario e traballador de ONGD.

O curso ten unha duración de 40h e ten prazas limitadas. Se tes interese en participar, podes inscribirte antes do 21 de outubro clicando aquí.