“Cando a cooperación sanda”: así comezou Somos Ponte a súa terceira edición
A terceira edición de Somos Ponte comeza este mes de outubro cunha conversa sobre o papel das profesionais sanitarias na cooperación ao desenvolvemento da man das súas protagonistas. Neste caso, dúas enfermeiras -de Pontevedra e Honduras- participantes no Proxecto CORESI
O encontro enmárcase dentro do programa de sensibilización Somos Ponte, que impulsamos coa colaboración da Deputación de Pontevedra para poñer en valor a importancia da cooperación local.