Voluntariado internacional ou viaxes solidarias?

Queres viaxar a un país do Sur?

Estás pensando en facer un voluntariado internacional ou participar nun campo de traballo?

Antes de iniciar a busca, recomendamos que coñezas algo máis o significado de voluntariado internacional, vacacións solidarias e campos de traballo. Tamén, que coñezas o mellor posible o funcionamento das ONGD de Desenvolvemento e que, ademais de ter en conta os ámbitos de especialización de cada organización ou os destinos do voluntariado, revises a misión e a visión da ONGD para asegurarte que os obxectivos e a forma de traballar e entender a transformación social están en sintonía contigo.

Para iso, en primeiro lugar deixamos este vídeo de Canal Solidario no que se aclaran algúns conceptos básicos. E tamén, un artigo da Coordinadora de ONGD – España con consellos para elixir con quen queres facer voluntariado internacional.

Ademais, neste enlace>> atoparás toda a información sobre o voluntariado internacional e as viaxes solidarias que ofrecen as ONGD galegas ao longo do ano.

 

Viajar al sur en clave de solidaridad: cómo, cuánto tiempo, para qué from Mar Vallecillos on Vimeo.