Aberta a convocatoria de voluntariado internacional da Comisión Europea

A iniciativa EU Aid Volunteers, financiada pola Comisión Europea, abríu unha nova convocatoria de voluntariado internacional dirixida á cidadanía europea que queira desenvolver o seu labor voluntario en países que se atopan en situacións de crise humanitaria ou de post-crise.

Para logralo, a iniciativa promove o desprazamento do voluntariado a distintos países acollidos por distintas organizacións. Os perfís ofertados poden ser junior ou senior, en función dos anos de experiencia e abarcan todo tipo de perfís e países.

A persoa voluntaria recibirá, en primeiro lugar, un curso formativo presencial e en liña nun país da Unión Europea para afianzar os seus coñecementos sobre a acción humanitaria. Tamén terá cubertas as viaxes e desprazamentos; as vacunas; os visados; o seguro médicos e o aloxamento. Ademais, a persoa voluntaria recibirá un pago mensual, que varía en función do país.

Neste enlace>> atoparedes os distintos perfís da convocatoria.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: