Emerxencia no sueste de África

O ciclón Idai devastou amplas zonas de Mozambique, Malaui e Cimbabue. As cifras oficiais falan de 1,5 millóns de persoas afectadas. Nacións Unidas considera que podería ser o peor desastre natural da historia do hemisferio Sur.

A zona que sufriu un maior impacto foi a costa central de Mozambique, onde o ciclón tocou terra. O goberno mozambicano fala de máis de 1.000 persoas mortas, aínda que as cifras reais non poden coñecerse aínda; amplas zonas continúan asolagadas sen que se poida acceder a elas. A cidade de Beira, a segunda do país con medio millón de habitantes, está devastada a consecuencia do impacto do ciclón.

Como en toda emerxencia deste tipo, a mobilización da poboación local foi determinante para salvar vidas. Tanto Nacións Unidas como ONG internacionais mobilizaron os seus equipos e recursos para ofrecer a atención sanitaria, alimentaria e de refuxio que se necesita nestes momentos.

O risco de brotes de cólera, malaria e febre tifoidea é moi alto. As infraestruturas sanitarias de Mozambique son escasas e con capacidades moi limitadas. Moitos hospitais quedaron danados e amplas zonas continúan illadas. A axuda internacional será determinante para facer fronte ás necesidades causadas polo ciclón. Nestes momentos urxe garantir que a poboación ten acceso a alimentos, atención sanitaria e refuxio.

As ONGD con implantación no Estado español segundo o Informe do Sector das ONGD 2017 da Coordinadora de ONGD – España son:

Acción Verapaz

Alianza por la Solidaridad

Arquitectura sin Fronteras

Ayuda en Acción

Cesal

Cruz Roja

Cáritas

Farmacéuticos sin Fronteras

Farmamundi

Fontilles

Fundación Entreculturas

Fundación Madre Selva

Fundación Promoción Social de la Cultura

Juan Ciudad

Manos Unidas

Medicus Mundi

Médicos del Mundo

Mundubat

ONGAWA

Oxfam Intermón

Plan Internacional – España

Prosalus

Proyde

SED

Fonte: Coordinadora de ONGD – España