Emerxencia humanitaria en Indonesia

Os servizos de socorro da Axencia Nacional de Xestión de Desastres buscan superviventes entre os escombros en Palu. | BNPB

Tras o terremoto e o tsunami que arrasou unha gran parte da illa de Célebes (Indonesia) o pasado 28 de setembro, Nacións Unidas calcula que unhas 191.000 persoas requiren axuda humanitaria urxente. Ata o momento as autoridades rexistraron más de 1.700 persoas mortas e calcúlanse en máis de 5.000 as desaparecidas.

Algunhas ONGD de Desenvolvemento están a traballar xa sobre o terreo.

Neste enlace>>> da páxina web da Coordinadora de ONGD – España atoparedes información sobre como colaborar coas organizacións. Os datos actualizaranse periodicamente.