Dous centros educativos de Galicia gañan o premio de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer

Fonte: IPPDH

O IES Terra de Trasancos de Narón o CPI do Toural de Vilaboa son dous dos quince centros de educación públicos do Estado que este ano 2018 recibiron o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer na súa décima edición.

Este premio recoñece cada ano prácticas educativas en centros que desenvolven accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sustentable.

O premio está convocado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e está coxestionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Os centros educativos premiados participarán nun seminario de intercambio e formación na República Dominicana onde coñecerán de primeira man os proxectos de cooperación ao desenvolvemento no terreo e onde poderán intercambiar e coñecer as experiencias dos outros centros educativos galardoados.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: