Conectamos Compostela co Sur Global

Compostela co Sur Global foi a primeira actividade de Compostela máis Solidaria 2024 e serviunos para coñecer mellor a cooperación ao desenvolvemento.

Fonte: IPPDH

Este mércores comemzamos as actividades de Compostela máis Solidaria con Compostela co Sur Global: un encontro arredor da cooperación internacional, da man das organizacións responsables de proxectos que contaron con financiamento do Concello de Santiago a través da súa subvención a cooperación ao desenvolvemento.

Na actividade, á que asistiu a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, participaron representantes das organizacións Arquitectura sen Fronteiras, SED, Proyde, Fundación Vicente Ferrer, Asemblea de Cooperación pola Paz de par de Redes, a súa socia en El Salvador, e Solidariedade Internacional, que particiou coa súa socia en Guatemala.

Todas as organizacións participaron de maneira presencial, agás Siembra e Redes, que o fixeron de maneira telemática. E permitindo ás persoas que asistiron preguntar, comentar e compartir reflexións.

Para todas as participantes foi unha moi boa oportunidade de dar a coñecer que é a cooperación ao desenvolvemento, quen a fai posible, con que medios e con que criterios. Tamén para explicar ben, de maneira directa e documentada, os porqués dos proxectos e os procesos que os impulsan.

 

Se non puideches vir, ou e o fixeches pero che apetece lembrar algo do falado, non te preocupes. Aquí temos o resumo dos proxectos apoiados polo Concello de Santiago que protagonizaron este Compostela co Sur Global!

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: