As ONGD renden contas dos proxectos cofinanicados polo Concello de Santiago os últimos dous anos

A primeira actividade da cuarta edición do programa de sensibilización Compostela + Solidaria foi unha xuntanza do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade da cidade. O salón de plenos do Concello acolleu ás 9 ONGD que os anos 2017 e 2018 recibiron apoio económico do consistorio compostelá para levar a cabo proxectos de cooperación internacional. Todas elas renderon contas dos resultados acadados nas distintas intervencións ás persoas membro do Consello Municipal: representantes dos grupos municipais, da USC, do Consello de Relacións Veciñais, do Foro Cívico de Santiago, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a UE da Xunta de Galicia…

Os dos últimos anos, e mediante a convocatoria de concorrencia competitiva, o Concello de Santiago financiou 12 proxectos a 9 ONGD galegas. Como se destaca no informe As ONGD galegas no mundo, a maioría das intervencións leváronse a cabo en Centroamérica (Guatemala, O Salvador, Nicaragua e Honduras) e un deles, na India. Foron proxectos que buscaron melloras as condicións de vida das persoas atendendo sectores como a educación, a saúde, o acceso á auga potable, a habitabilidade e a pesca artesanal. Iniciativas que ademais de contar con inversións en infraestruturas básicas como letrinas o sistemas de potabilización de auga centraron os esforzos en formar e fortalecer o tecido social dos distintos países coa vontade, entre outras, de que os proxectos sexan sostibles no tempo.