A cuarta edición de Somos Ponte bota a andar na xornada “O mundo que queremos”

O programa que desenvolve a Coordinadora Galega de ONGD co apoio da Deputación de Pontevedra participa nesta iniciativa colectiva cun xogo de sensibilización sobre a cooperación e un encontro coa cidadanía.

Fonte: IPPDH

15 Setembro 2026 |

A cuarta edición de Somos Ponte bota a andar este sábado 19 de setembro, no marco da xornada colectiva “O mundo que queremos” que se celebrará no centro comercial Vialia-Estación de Vigo, de 11:30-14:00 e 16:30-20:00.

Trátase dun programa de actividades para toda a familia, organizado pola Rede Social Galicia Sur, no que haberá competición de xogos solidarios, obradoiros, actividades e concertos e no que participarán diversas organizacións e proxectos da provincia vinculados á solidariedade, a cooperación e os dereitos humanos. Entre eles, Somos Ponte.

Que fará Somos Ponte en “O mundo que queremos”?

O programa, impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD e a Deputación de Pontevedra, aporta a esta xornada unha proposta lúdica orientada a comprender que significa cooperar (no marco da competición de xogos solidarios, ás 12:00 e ás 17:00) e un encontro ás 18:00.

A idea deste encontro, arredor dun café de comercio xusto e dun xogo participativo, é dar a coñecer Somos Ponte á cidadanía, así como as conexións entre a provincia de Pontevedra e o Sur Global. O encontro, por certo, celebrará un sorteo de agasallos ao remate entre todos os asistentes.

Con esta iniciativa, Somos Ponte vincúlase a unha acción global pensada para poñer en valor, a través do contacto directo coa veciñanza, solidariedade, sostiblidade e outros valores que teñen que ver coa cooperación ao desenvolvemento e que son os alicerces do propio programa de sensibilización, pensado para visibilizar como o compromiso local incide na xustiza global.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: