A pesar de que as autoridades israelíes aseguran que non hai limitacións para a entrada de axuda humanitaria en Gaza, a meirande parte das ONG internacionais non puido entregar nin un só camión con subministracións vitais dende o pasado 2 de marzo.
En lugar de resolver o crecente retraso na entrega de mercancías, as autoridades israelíes rexeitaron as solicitudes de ducias de ONG para introducir produtos vitais. Alegan que estas organizacións “non están autorizadas para entregar axuda”. Só no mes de xullo, denegáronse máis de 60 solicitudes con esta xustificación.
Cales son as consecuencias?
Esta situación deixou bloqueados en almacéns de Xordania e Exipto alimentos, medicamentos, auga e artículos de refuxio por valor de millóns de dólares, mentres a poboación palestina morre de fame.
“Anera ten bloqueada a entrada de Gaza de suministros vitais por valor de máis de 7 millóns de dólares, incluídos 744 palés de arroz, suficientes para seis millóns de comidas, bloqueados en Ashdod, a só uns quilómetros de distancia”, segundo declarou Sean Carroll, presidente e director executivo de Anera.
A exclusión das ONG deixou a hospitais sen subministracións básicas, provocou enfermidades evitables e que moita xente morra de fame
Moitas das organizacións ás que agora se lles di que non están “autorizadas” a entregar axuda traballaron en Gaza durante décadas, gozan da confianza das comunidades e teñen experiencia na entrega de axuda de forma segura.
A súa exclusión deixou hospitais sen suministracións básicas e provocou que nenos e nenas, persoas con discapacidade e anciás estean morrendo de fame e de enfermidades evitables e que o propio persoal humanitario vaia a traballar famento.
O novo sistema de rexistro
A obstrución está relacionada coas novas normas de rexistro das ONG internacionais introducidas en marzo. Segundo esta nova normativa, o rexistro pode denegarse sobre a base de criterios vagos e politizados, como por exemplo a suposta “deslexitimación” do Estado de Israel.
As ONG internacionas advertiron daquela que o proceso estaba deseñado para controlar as organizacións independentes, silenciar a defensa de causas e censurar a información humanitaria.
Moitas ONG poderían verse obrigadas a interrumpir as súas operacións en Gaza e Cisxordania, incluíndo Xerusalén Leste, e a retirar a todo o persoal internacional nun prazo de 60 días.
Esta nova obstrución burocrática é incompatible co dereito internacional en vigor, xa que afianza o control e a anexión por parte de Israel do territorio palestino ocupado.
Se as ONG internacionais non se someten a todos os requisitos de rexistro -incluída a presentación obrigatoria ás autoridades israelíes de datos sobre doantes privados, listas completas de persoal palestino e outra información delicada sobre o persoal- para a chamada investigación de “seguridade”, moitas poderían verse obrigadas a interrumpir as súas operacións en Gaza e Cisxordania, incluída Xerusalén Leste.
Isto obrigaríaas tamén a retirar a todo o persoal internacional nun prazo de 60 días. A algunhas organizacións se lles deu incluso un ultimátum de 7 días para que faciliten listas de persoal palestino.
Que din as organizacións?
O sistema de rexistro estase utilizado agora para bloquear aínda máis a axuda e negar alimentos e medicamentos no medio da peor situación de fame extrema que está vivir a poboación.
As organizacións deixaron claro que compartir eses datos é ilegal (incluso en virtude das leis pertinentes de protección de datos), inseguro e incompatible cos principios humanitarios.
No contexto máis mortífero para os traballadores humanitarios de todo o mundo, no que 98% as persoas asinadas eran palestinas, as ONG non teñen garantías suficientes de que a entrega de dita información non supoña un risco adicional para o persoal ou que se empregue para promover os obxectivos militares e políticos declarados do goberno de Israel.
Pedimos a todos os Estados e doantes:
- Presionar a Israel para que poña fin ao uso da axuda como ferramenta militar, incluso mediante obstrucións burográticas, como os procedementos de rexistro das ONG internacionais.
- Insistir en que as ONG internacionais non se vexan obrigadas a compartir información persoal sensible, en violación do Regulamento Xeral de Protección de Datos, nin a comprometer a seguridade ou a independencia do persoal como condición para entregar a axuda.
- Esixir a apertura inmediata e incondicional de todos os cruces terrestres e as condicións para a entrega da axuda humanitaria que salva vidas.