Visita a exposición fotográfica ‘Tecedoras do cambio’

A historia oficial contada non fala das mulleres imprescindibles para o sostemento da vida. Invisibilizou ás coidadoras, ás sabias, ás labregas… Silenciou as mulleres que dedicaron a súa vida a loitar contra as inxustizas e a mellorar as condicións materiais e emocionais das súas comunidades.

Para poñer en valor as vidas das persoas que viven en situación de pobreza noutros lugares do mundo, a Coordinadora Galega de ONGD creou Tecedoras do cambio. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asianunha exposición fotográfica composta por 23 fotografías de mulleres de 14 países que son imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades: labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas, mariscadoras… Mulleres que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar, man a man, con ONGD galegas.

Fotografía de Pablo Tosco para Oxfam Intermon. Nela aparece Sara Esther Torres, dirixente comunitaria e rexente dun posto de comida no mercado de El Trébol (Lima) – Perú

Vanada, unha muller ‘intocable’ segundo o sistema de castas hindú que hoxe participa en procesos de empoderamento doutras mulleres; a de Doña Luci, quen con 15 anos tivo que desprazarse cara á costa como consecuencia do conflito armado dos anos oitenta en El Salvador e que, trinta anos despois, formou unha cooperativa de mulleres mariscadoras; Haydée Castillo, unha histórica activista e defensora dos Dereitos Humanos en Nicaragua que na década dos 70 se sumou á loita contra a ditadura dos Somoza e participou activamente na Revolución Popular Sandinista e que hoxe está ameazada polo goberno de Ortega pola súa incansable loita polos dereitos das mulleres campesiñas; Aixa, unha muller que non coñece outra terra que o campo de persoas refuxiadas saharuís de Tindouf. Juventina, Sara, Fadila…

A exposición está aberta ao público no Museo do Pobo Galego ata o 24 de xullo.

Imaxe da exposición fotográfica, aberta ata o 24 de xullo no Museo do Pobo Galego