Primeiro manual en galego para combater os discursos de odio nas redes

É un documento colectivo de persoas e organizacións vinculadas coa defensa dos dereitos humanos

Con motivo do Día Internacional das Migracións, Ecos do Sur fixo pública a primeira guía de intervención online para ciberactivistas en galego. É un manual elaborado polo Institut de Drets Humans de Catalunya, SOS Racisme e United Explanations que proporciona ferramentas para combater os discrusos de odio e a desinformación na rede. Podedes atopala aquí>>>

A creación desta guía é parte de CibeRespect, unha iniciativa da ONGD Ecos do Sur coa que se combaten os discurso de odio utilizando diferentes técnicas narrativas para contrarrestar este tipo de argumentos.

Hoxe existe unha loita discursiva en internet que se dá nun contexto de anonimato, viralización, desinformación e discursos de odio, fenómenos que se alían para xenerar un clima de aceptación e promoción dos discursos racistas, homófobos, machistas, clasistas… Esta guía quere axuda ás persoas ciberactivistas a dar un paso adiante contra o racismo e a xenofobia a nivel discursivo e nas redes sociais. Nela atoparedes o marco legal aplicable aos casos de discurso de odio, ferramentas para a construción de discurso alternativo e estratexias para intervenir no mundo virtual.