Repudiamos a campaña de criminalización de Israel contra as ONG palestinas

A represión do Estado de Israel contra as ONG palestinas viuse intensificada desde o inicio de ano. Nos últimos días producíronse máis detencións e ocupacións de oficinas.

As accións de acoso, desprestixio e criminalización que o Estado de Israel realiza contra as ONG palestinas intensificáronse ao longo deste ano. Nos últimos días, novos episodios sumáronse a esta tendencia.

14 Xullo 2021 |

As accións de acoso, desprestixio e criminalización que o Estado de Israel realiza contra as ONG palestinas intensificáronse ao longo deste ano. Nos últimos días, novos episodios sumáronse a esta tendencia.

O día 7 de xullo, Shatha Odeh, directora de Health Work Committees ( HWC) foi detida. Ese mesmo día, a sede da Union of Agricultural Work Committees ( UAWC) foi pechada por seis meses.

Presecución sostida no tempo

Estes feitos son unha peza máis dunha persecución sostida no tempo. Actualmente, HWC ten catro traballadoras detidas en prisións israelís a espera de xuízo, entre elas, a súa directora Shatha Odeh –que ademais é presidenta da Palestinian NGO Network (142 organizacións)- e a cooperante española Juana Ruiz Sánchez.

A oficina desta ONG en Bireh foi asaltada varias veces polo exército israelí e, desde o 9 de xuño permanece pechada por orde militar. Un dos traballadores da UAWC tamén está detido.

As detencións e o acoso demostran a intención do Estado de Israel de acabar co sector da cooperación para o desenvolvemento e a acción humanitaria en Palestina. A represión busca criminalizar ás organizacións que defenden os dereitos humanos no contexto de ocupación.

As detencións e ocupacións das oficinas de organizacións da sociedade civil palestina son un grave ataque á Cuarta Convención de Xenebra e cualifícanse de crime de guerra baixo o Estatuto de Roma. Ademais, prodúcense nun contexto de violación continua e sistemática do Dereito Internacional Humanitario coa complicidade da comunidade internacional.

Foto: AP

Un cerco contra os dereitos humanos

O obxectivo final do Estado de Israel non é outro que debilitar ás organizacións da sociedade civil palestina, desalentar aos doantes internacionais e, en definitiva, evitar que cumpran o seu mandado humanitario e de defensa dos dereitos humanos.

Así o denuncia un informe recente da Federación Internacional de Dereitos Humanos. O Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Dereitos Humanos tamén condenou a gravidade dunha situación que socava o traballo en defensa dos dereitos da poboación palestina.

A situación de violación sistemática de dereitos humanos á que se ve sometida a poboación palestina é insostible. A persecución das organizacións sociais palestinas e de ONG internacionais que lles brindan apoio é inaceptable.

Rexeitamos a criminalización, a persecución e judicialización da cooperación internacional e a acción humanitaria no Territorio Ocupado Palestino. A comunidade internacional debe asegurarse que o Estado de Israel garante os dereitos da poboación palestina.

Por iso,

  • Esiximos a plena garantía dos dereitos humanos da poboación palestina.
  • Condenamos a persecución e criminalización das ONG palestinas.
  • Solicitamos á Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e ás axencias autonómicas de cooperación un claro posicionamento en defensa dos dereitos da poboación palestina e das ONG que traballan na zona. Deben manter o seu compromiso co traballo que se realiza para garantir os dereitos humanos.
  • Solicitamos ao Goberno español accións contundentes fronte á criminalización de ONG palestinas e internacionais:
    – Condena e denuncia pública por parte do Ministerio de Asuntos exteriores das accións de persecución que se están realizando.
    – Promover declaracións institucionais que esixan a Israel o cumprimento das resolucións de Nacións Unidas e o fin da ocupación do Territorio Ocupado Palestino.
    – Esixir a representantes de asuntos exteriores europeos que denuncien a criminalización das organizacións sociais e humanitarias.
    – Esixir unha resposta clara e pública da Unión Europea contra a persecución do sector da cooperación e a acción humanitaria no Territorio Ocupado Palestino, a través de Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidente da Comisión Europea, Sr. Josep Borrell.
    – Chamada a consultas á embaixadora de Israel en Madrid para que dea explicacións das acusacións que se están vertiendo sobre Juana Ruiz e ao sector da cooperación e a acción humanitaria.

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: