Das lentes lilas ás multifocais: apostando por unha cooperación de vangarda

Xa están dispoñibles os vídeos e recursos das xornadas “Avanzando cara unha Cooperación Galega con Enfoque Feminista”.

Fonte: IPPDH

17 Outubro 2023 |

A Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento organizou durante os meses de setembro e outubro as xornadas de reflexión e debate “Avanzando cara unha Cooperación Galega con Enfoque Feminista”, dentro da nosa aposta pola promoción dunha cooperación de vangarda, feminista, inclusiva e sostible.

O enfoque feminista ten o potencial de cambiar non só a vida das mulleres senón do conxunto da sociedade. Busca a transformación das nosas sociedades, que son capitalistas, patriarcais, andocéntricas, coloniais e racistas. É dicir, o enfoque feminista supón pasar das lentes lilas ás multifocais.

Un novo modelo de cooperación

As xornadas dividíronse en tres sesións formativas en liña abertas a todas as persoas interesadas e unha última presencial na que tivemos a oportunidade de avaliar a situación actual do sector e cara onde nos queremos dirixir.

Foi unha oportunidade para revisarnos e pensar conxuntamente como transitar cara a unha cooperación verdadeiramente feminista, atendendo ás particularidades e retos de cada unha das organizacións.

 

Vídeos das xornadas

 

Como introdución, a formación contou con dúas charlas nas que exploramos a actual crise civilizatoria (política, ecolóxica e social) e a necesidade de adaptarnos a esta nova realidade.

Co experto en cooperación descentralizada Nacho Martínez afondamos no propio modelo de cooperación, os procesos de decolonización e a revisión e validez dun concepto tan asentado nas nosas sociedades como é o desenvolvementismo. 

Pola súa banda, Marta Pascual, de Ecoloxistas en Acción, falounos na segunda xornadas sobre ecofeminismo e decrecionismo e a necesidade de mirar ao Sur para descubrir outras formas de entender o mundo.

Do enfoque de xénero ao enfoque feminista

A terceira das sesións, dirixida pola consultora especialista en feminismos, xénero e cooperación internacional Estrella Ramil, centrouse xa no enfoque feminista, e a transición cara a este dende o actual enfoque de xénero.

Tamén participaron outros tres referentes do feminismo e a cooperación como son Mercedes Ruíz Giménez, da CONGDE e Grupo de Xénero do Consello de Estado, a economista Clara Murguialday e especialista en Eduación para a Transformación Social, Amaia del Río, do instituto Hegoa.

Esta nova mirada permítenos pór en marcha proxectos realmente transformadores, que parten das concepcións e prioridades das organizacións e poboacións coas que cooperamos e que respectan e valoran os saberes da cidadanía local.

Se non puideches participar nas xornadas, ademais dos vídeos que atopas nesta páxina aquí tes á túa disposición os recursos e presentacións utilizados durante as sesións. Podes descargalos e consultalos con calma.

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: