Ante a escalada belixerante, sempre a paz

O Goberno español comprometeuse a aumentar en 12mil millón de euros os gastos militares, o que levará a alcanzar o 2% o PIB na próxima década. O presuposto para as guerras aumenta mentres as políticas de paz – como a de cooperación, a sanidade o a educación – continúan debilitadas.

Foto AP/Alexander Zemlianichenko Jr. | Fonte: National Geographic

22 Xuño 2022 |

O encontro da OTAN que acolle estes días Madrid prodúcese nun contexto mundial moi preocupante e complexo. A agresión militar rusa a Ucraína causou a morte de 4.432 persoas civís (a data 14 de xuño) e xerou unha grave crise humanitaria e de desprazamento. Ademais, existen outros 30 conflitos armados activos que son un indicador máis da crise civilizatoria, o auxe do autoritarismo e colapso ecosocial que vivimos, onde os impactos do cambio climático e o esgotamento da enerxía fósil e de materiais, serán factores que alimenten futuros conflitos armados.

O último Índice de Paz Global destaca o impacto económico da violencia na economía mundial. O 10% do PIB mundial destínase a gasto militar, o que supón 2.117 dólares por persoa. Unha cifra que vai en aumento e que supón un 12,4% máis que o ano pasado.

Neste contexto, a deriva belixerante á que estamos asistindo impactará directamente na vida de millóns de persoas; suporá tamén un mazazo para o medio ambiente e o equilibrio dos ecosistemas; e alimentará a voráxine de loita entre bloques e enfrontamentos entre “uns” e “outros”. Encontros como o que se celebra estes días en Madrid botan máis leña ao lume a unha situación que xa é asfixiante.

 

A deriva cara máis violencia e guerra

Sen ter superada a grave crise social provocada pola pandemia, o incremento dos gastos militares e a carreira armamentística preséntanse como unha opción inevitable fóra de todo cuestionamento e que se está normalizando no discurso público. España xa anunciou que aumentará o gasto en defensa ata o 2% do PIB, tal como establece a OTAN. Un aumento que suporía máis do dobre do gasto actual é un despropósito en medio da crise multidimensional que sofre a poboación española. Tamén é un risco para a seguridade porque alimentar unha decisión choca de fronte co compromiso do Goberno co fomento da paz e o desenvolvemento sostible, defendido polo Presidente Pedro Sánchez de xeito reiterado. Chama a atención o presuposto destinado a defensa fronte ao que se destina a políticas de cooperación e dereitos humanos, que apenas alcanza un 0,25%.

Asistimos, ademais, a unha militarización das mentes, unha escalada do discurso belixerante moi preocupante no que realidades complexas son explicadas como un simple enfrontamento entre uns e outros. Tales narrativas xustifican a carreira armamentísitca e unha perigosa instrumentalización das persoas. A análise das causas dos conflitos e as súas múltiples consecuencias, a identificación de solucións alternativas e a defensa da cultura de paz son esenciais para frear esta deriva.

Por todo isto, pedimos ao goberno un xiro radical da política exterior e demandamos:

  • O freo aos presupostos militares. É urxente frear a escalada armamentísitca e garantir que o diñeiro público se destine a políticas que garantan os dereitos humanos e seguridade colectiva, o desenvolvemento social, a transición ecolóxica, a cooperación e a cultura de paz.
  • A adhesión ao Tratado sobre a Prohibición de Armas Nucleares, tal e como apoia o 89% da poboación española.
  • A priorización da diplomacia para a solución dos conflitos. É necesario avogar polo diálogo, a seguridade humana e o multilateralismo. O respecto polo dereito internacional e humanitario debe ser garantido.
  • O fomento dos discursos de paz. É urxente desarmar a palabra; tanto por parte de responsables políticos como polos medios de comunicación. Os medios públicos deben fomentar o xornalismo preventivo e o de paz deben ser promovidos co fin de explicar con rigor as causas dos conflitos e as súas conexións con fenómenos globais como o esgotamento das materias primas e a subida de prezos. É necesario tamén un xornalismo de solucións no que se expliquen as alternativas pacifistas que amosan que outros modelos son posibles.
  • A promoción dos procesos de prevención, convivencia e cultura de paz. Procesos que deben ser apoiados polos Estados e as instancias internacionais e que deben contan co protagonismo das sociedades civís implicadas; especialmente, as mulelres, quen en todo o planera e tal como recoñece a resolución 1325 das Nacións Unidas, demostraron a súa enorme contribución á paz. É necesario apoiar a diplomacia cidadá co fin de contrarrestar os discursos de odio e visibilizar as iniciativas colectivas pacifistas.
  • A consolidación das políticas de paz, cooperación e desenvolvemento, en coherencia con outras políticas públicas. Urxe por no centro a sostibilidade da vida e fortalecera diversidade de axendas (feministas, decoloniais, antirracistas, ecoloxistas, pacifistas…) para a construción de alternativas socioeconómicas.
  • O desenvolvemento da Lei Mordaza co fin de protexer a liberdade de expresión e reunión en España, e a celebración de mobilizacións a favor da paz.
  • O fomento da educación para a cidadanía e a xustiza global. É esencial promover unha educación que explique con rigor as causas das violencias, as propostas sociais alternativas e a cultura de paz.
  • O coidado do ecosistema da paz. A guerra é o último e terrible paso dun camiño de crecentes conflitos que deben ser enfrontados dende a súa orixe. É necesario evitar as violencias estruturais que poden derivar en conflitos.

Pedimos tamén á cidadanía que non se deixe arrastrar por este clima belixerante, o denuncie e se sume ás diversas iniciativas que se están promovendo dende o pacifismo.

As organizacións de paz, dereitos humanos e desenvolvemento traballamos para construír relacións, organizacións e institucións diferentes e para construír un mundo distinto. Pedir, nomear, construír a paz non é un naif, nin utópico, nin de hippies, nin de cobardes: é a única opción aceptable para garantir a vida do planeta e evitar a guerra a futuras xeracións. Os gobernos apelan ao realismo para propoñer que a forza das armas é a única vía para afrontar os conflitos; pero esta opción non é a solución. A militarización das relacións internacionais non evita as guerras senón que as promove. Como dicía Martínez Guzmán: “nós os pacifistas somos os realistas, nós as pacifistas somos as realistas”.

 

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: