Xornada “O mundo que queremos”
Lugar Vigo (Tinglado do Porto) Organiza Rede Social Galicia Sur Data: 10/05/2025
A Rede Social Galicia Sur, da que forman parte ONGD socias da Coordinadora como Entreculturas, organiza esta xornada de xogos, obradoiros e baile no que o lúdico conecta coa solidariedade e os dereitos humanos e coa que colabora a Coordinadora Galega de ONGD.
Participarán as ONG e entidades sociais de Vigo e a entrada é de balde. “O mundo que queremos” desenvolverase no Tinglado do Porto de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.