“No soy tu gitana”
Lugar Teatro Principal (20:00, Compostela) Organiza Agareso Data: 29/06/2024
O Teatro Principal de Santiago acolle o sábado 29 de xuño (20:00) a obra teatral No soy tu Gitana, de Teatro del Barrio.
A peza, protagonizada pola activista e escritora Silvia Agüero, é un monólogo no que se desconstrúe a imaxe pública das mulleres xitanas. Forma parte de Muda o conto , un proxecto que impulsa a organización Agareso e que pon o foco no antixitanismo de xénero.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do teatro pero é preciso retirar entradas en taquilla. Isto poderase facer o mesmo sábado a partir das 19:00.