Ata o de agora, dez países seguiron os pasos de Estados Unidos e retiraron os fondos destinados á Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada (UNRWA): Canadá, Australia, Reino Unido, Italia, Suiza, Alemania, Francia, Países Bajos, Finlandia e Xapón. España, pola súa parte, desmarcouse destes países e manterá o seu apoio á axencia da ONU para Palestina.
Esta decisión tomouse pola presunta implicación dalgúns dos seus empregados no atentado cometido por Hamás o 7 de outubro. Esta acusación pon o foco en 12 persoas das 13.000 que traballan en Gaza e hai unha investigación en curso.
De momento, a retirada destes países supón unha perda do 60% dos fondos da axencia, o que impactara de maneira grave na vida de 2 millóns de persoas que, ademais, non teñen opcións de abandonar o territorio.
Os fondos cos que actualmente conta a UNRWA só chegan para o mes de febreiro.