A Caravana de Solidaridad Internacional con Nicaragua chega a Galicia

Fonte: IPPDH

Co obxectivo de informar e tecer unha rede de solidariedade internacional con Nicaragua, un grupo de estudante e activistas do país centroamericano organizou unha Caravana Informativa de Solidariedade Internacional con Nicaragua que está a percorrer Europa (Dinamarca, Suecia, Bélxica, Francia, Holanda, Alemaña, o Estado español e Inglaterra). A Caravana busca comunicar á comunidade internacional, actores gobernamentais, ONGD, partidos políticos, grupos de sociedade civil, organismos de dereitos humanos e a sociedade, a crise que está a vivir Nicaragua, os motivos das protestas cívicas que se están dando no país e as demandas dos distintos colectivos organizados. Tamén, denunciar as graves violacións dos dereitos humanos que están a levar a cabo o goberno de Ortega e que xa acabaron coa vida de 212 persoas (ver informe da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos “Graves violaciones a los Derechos Humanos en el marco de las protestas sociales en Nicaragua”.)

No Estado español, a Caravana está a percorrer Madrid, Zaragoza, Barcelona, Córdoba, Sevilla, Bilbao, Compostela e A Coruña. En Galicia visitarannos do 1 ao 4 de xullo e participarán en reunións institucionais, entrevistas e unha charla informativa que terá lugar o 3 de xullo, ás 19 horas, na Casa Museo Casares Quiroga de A Coruña. Nela participarán dúas representantes da Articulación de movimientos sociales de Nicaragua.

A Coordinadora Galega de ONGD é unha das entidades que está a acoller á Caravana xunto á ONGD Solida e cidadanía nicaraguana residente en Galicia. Son as achegas solidarias das migrantes nicaraguanas e das organizacións as que están facilitando a viaxe das activistas e estudantes do país centroamericano.

 

 

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: