Técnica/o de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Convoca Mans Unidas Lugar Santiago de Compostela Fin de prazo 12/09/2026
A nosa socia Mans Unidas busca para incorporación inmediata a un técnico ou técnica de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global para o seu equipo en Galicia.
Trátase dunha substitución coa que dar cobertura a unha baixa por maternidade. Podes saber máis dos requisitos e condicións desta oferta clicando aquí.
O prazo de recepción de propostas pecha o sábado 12 de setembro
