A realidade migratoria en Galicia: unha mirada dende a empatía
Lugar Sede da Deputación Provincial (Vigo) Organiza Entreculturas Data: 05/03/2026
A nosa socia Entreculturas organiza esta xornada o vindeiro 5 marzo (16:30-19:30) na sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo.
No encontro, artellado en varias mesas de conversa, analizarase inclusión, dificultades e oportunidades laborais, tanto dende a perspectiva de varias persoas migrantes como das organizacións e entidades que traballan con elas. As persoas interesadas poden inscribirse clicando aquí.
