Cooperación galega: unha carreira de fondo

O 17 de outubro a Cidade da Cultura acolle este encontro co que celebrar, pero tamén coñecer en profundidade, a pegada das máis de tres décadas de traballo da cooperación ao desenvolvemento galega.

Fonte: IPPDH

01 Outubro 2025 |

O vindeiro 17 de outubro a Cidade da Cultura acolle Cooperación Galega: unha carreira de fondo, un gran encontro co que celebrar e saber máis das máis de tres décadas de traballo da cooperación ao desenvolvemento dende Galicia a favor dos dereitos das persoas máis vulnerables en todo o mundo.

Un percorrido con osbtáculos, pero no que diferentes sectores foron sumando a súa vontade e a súa experiencia para facer da cooperación internacional un instrumento de xustiza social na que todas as persoas temos cabida.

A cooperación galega da man das súas protagonistas

Este proceso de longo percorrido exemplificarase a través de persoas -chegadas dende diferentes países do Sur Global- que falarán en primeira persoa dos logros da Cooperación Galega e do impacto que esta tivo nas súas vidas e no fortalecemento e dereitos das súas comunidades.

 

A xornada -que contará coa participación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto con outros responsables políticos- reunirá no Edificio CINC do Gaiás a persoas vinculadas á cooperación galega dende diferentes países e proxectos.

Nunha primeira mesa, coñeceremos procesos de transformación contados por socias locais:

  • Lizete Dias, xefa de Recursos Hídricos da Administración Rexional de Augas do Sur de Mozambique, entidade socia de Augas de Galicia.
  • Pamela Violeta Sánchez Pereira, antropóloga, coordinadora da Unidade de Educación da Fundación IRFA de Bolivia, entidade socia de Entreculturas e Taller de Solidariedade.
  • Juan Castillo, director da Fundación Solidaridad de República Dominicana, entidade socia da Fundación Balms.
  • Roger Armando Reyes, director executivo de CODDEFAGOLF, de Honduras, entidade socia de Enxeñería Sen Fronteiras.

E nuha segunda palestra poderemos coñecer en profundidade o labor e o testemuño de tres defensoras de dereitos, acollidas na segunda edición de Galicia Abriga:

Experiencias de cooperación dende diversas perspectivas

Tamén falarán representantes de diversos colectivos, que compartirán as súas experiencias coñecendo en primeira persoa proxectos de cooperación galega:

A primeira parte da xornada completarase coa proxección dun vídeo sobre procesos de cooperación en Educación, en Mozambique; en Medio Ambiente, en Honduras; en Habitabilidade, en Guatemala; en Pesca e Acuicultura, en El Salvador; e en Feminismos, na República Dominicana.

Tempo de reflexión e debate

A xornada complétase con tres espazos de reflexión e debate sobre tres cuestións moi presentes no traballo que desenvolve a cooperación galega nos 23 países nos que ten presenza:

Ademais, nas salas e espazos comúns deste gran encontro arredor da cooperación haberá exposicións de varioas organizacións socias da Coordinadora.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: