Compostela máis Solidaria: cine ao aire libre

Lugar Xardín do CSC Maruxa e Coralia e Parque Avío de Abaixo (ao lado do centro sociocultural do Romaño) Organiza Coordinadora Galega de ONGD Data inicio: 29/07/2025Data fin: 30/07/2025

Compostela máis Solidaria pecha a súa programación por este ano con dúas sesións de cine de rúa: unha selección de curtas para todas as idades que nos farán pasar un bo anaco e coñecer outras realidades.

Haberá dúas sesións:

Cada sesión componse de varias curtas e dura arredor de 40′. Cada peza estará presentada e contextualizada polo equipo técnico da ONGD Solidariedade Internacional.

A entrada é libre e de balde. No caso de facer mal día, a actividade trasladaríase ao interior dos centros culturais.