Movemento pola Paz

Guatemala

Xustiza colectiva para unha vida libre de violencia.

Fotografía dun proxecto de desenvolvemento de Asemblea de Cooperación pola Paz. Mercado de produtos da horta

Este proxecto enmárcase dentro do ámbito estratéxico do V Plan Director da Cooperación Galega que busca impulsar a igualdade de xénero cun enfoque feminista, interseccional e de diversidades, así como o empoderamento e exercicio de dereitos de nenas e mulleres, fortalecendo as súas organizacións.

No concreto, está dirixido a mulleres e xóvenes dos municipios de Sololá, Nahualá, Santa Lucía Utatlán e Panajachel, no departamento de Sololá.

Os seus ámbitos de incidencia son a prevención da violencia de xénero entre a poboación máis nova e a atención a mulleres víctimas e sobreviventes de violencia de xénero, fundamentalmente mulleres indíxenas, baixo un enfoque feminista e interseccional.

Sesión formativa sobre agroecoloexía con perspectiva de xénero da organización ACPP en El Salvador. Compostela máis Solidaria

 

O PROXECTO NUNS POUCOS DATOS

  • O proxecto traballa con mulleres indíxenas de entre 18 e 65 anos, así como con mocidade de entre 12 e 18 anos (50 homes e 50 mulleres) estudantes de 4 centros de secundaria.
  • Involucra a 25 representantes de organizacións sociais adicadas á atención a víctimas de vioencia de xénero, así como persoal docente.
  • Fortaleceranse habilidades e coñecementos para previr a violencia de xénero
  • Promoverase a igualdade de xénero entre a poboación máis nova
  • Reforzaranse as capacidades para a atención de casos de violencia con enfoque feminista e interseccional

Movemento pola Paz (MPDL) desenvolve este proxecto coa Asociación Xoq Chajib’al Ja Casa de la Mujer, unha organización de mulleres cuxo obxectivo é promover o empoderamento integral das mulleres indíxenas do departamento de Sololá e contribuír á emilinación da violencia contra as mulleres.

A relación entre MPDL e Casa de la Mujer iniciouse en 2019 coa coordinación conxunta de diversas actividades e dun proxecto de atención integral e apoio á emancipación económica de mulleres víctimas de violencia de xénero. Dende aquela, desenvolven xuntas unha estratexia de defensa dunha vida libre de violencias para as mulleres guatemaltecas.