A protección civil saharauí

Lugar Bar Ateneo (rúa reverendo padre José Álvarez Cabeza, 1, A Coruña) Organiza AIRE Data: 05/02/2025

O 5 de febreiro, ás 20:00, o bar Ateneo da Coruña acolle unha charla na ONGD AIRE sobre a protección civil saharauí. Un proxecto que esta organización impulsa a partir das propias necesidades do pobo saharauí e do que podes saber máis clicando aquí.

Este encontro, no que participará a coordinadora de AIRE, Teresa Mendi, ten como obxectivo que as persoas que asistan poidan preguntar o que desesen sobre o proxecto, os campamentos, etc,…

A entrada é de balde.