
Concerto solidario a favor de R.D Congo
Lugar Colexio Compañía de María (Compostela) Organiza FISC Data: 11/01/2025
O organización FISC organiza este concerto solidario de Mini Rivas, no que tamén participará o contacontos Celso Sanmartín. A velada, que comeza ás 18:00, rematará cuns petiscos. A entrada é gratuíta, pero haberá a posibilidade de aportar o que cada persoa considere a través dunha caixa solidaria na que depositar as doazóns.
O que se recaude destinarase a proxectos que esta ONGD desenvolve na zona dos Kivus -a máis castigada polo conflito armado-, vinculados á saúde e ás condicións de vida da poboación e á educación dos e das menores.